31.10.05

Significado denotativo


Amor, sexo, beleza?
Intelixente, sensible, tenra?

Revoluciónasme o dicionario

30.10.05

De volta de nada


A aleghría
é unha obriga
revolucionaria

27.10.05

Déronse de conta


Sentirse pequeno
e insignificante coma un punto

e á parte

24.10.05

3, 2, 1...


o tempo
cólleme

e pásame diante

19.10.05

Había tempo que non falaba de ti


Acórdame agora a cor dos teus bicos do peito
no día e no intre en que antes de chos lamber

pensei:
van saber a chocolate

18.10.05

Conciencia de clase


Atraveso medio Vigo carghado con dúas bolsas
Adiántame un home carghado con dúas bolsas

Somos d'Os que van carghados con bolsas

17.10.05

Outro cu (o meu) no blogmillo


Os blogs son coma os cus:
todo o mundo ten un.

E tamén hai+cus.

16.10.05

P. ex., o pixama de "vai ti qui eu tou sen vistir"


Ollo coa roupa de andar pola casa
É vella, cómoda, quente e paseniño

convértese en uniforme carcereiro

14.10.05

Ghentileça de trofeos Seipol II


Lembro o día en que nun cross
souben que con cartos ía calquera

e podía mercar un trofeo

Ghentileça de trofeos Seipol I


Quen eran os clientes
das tendas de trofeos
se as tendas os doaban?

12.10.05

Prácticas sexuais


Ela díxolle que os homes foden como guían

El quere seren sempre dous [è/e]les
polos empalmes e as curvas adiante

11.10.05

Chegou o outono


Onte arrastrábase, gorda e torpe, pola repisa do baño
Hoxe amenceu aboiando na auga do báter

A derradeira mosca do vran

10.10.05

Cinema experimental



Escoitamos Nine Songs
mentres cos corpos lle pomos

imaxes, cheiros, aloumiños, quentura, humidades...

7.10.05

Uniforme escolar


A miña escola tiña seis patios
separados do meu por un arame

Colexios empotrados nas cidades

6.10.05

Liber-dade de prensa


qué!, metro e 20 minutos
Tres xornais de balde na porta do Príncipe

Agora só falta que digan cousas distintas (ou algo)

4.10.05

Sabemos nadar ao somorgullo



Non tes táboa na cama
Afunde no medio
para me bañar en ti

3.10.05

A eclipse

Disque as eclipses marcan puntos
de inflexión na vida das persoas

Preciso unha vida de persoa para esta eclipse