31.7.06

Adverbio


Oes,
fala
calado

28.7.06

Prestidixitalización


-Buah, que pasada!
-Boh, seguro que o fixeron

por ordenador

23.7.06

Só vós


Ser ver o revés
é bo, só ve
o d'aló ao lado

19.7.06

o-pos(t)

Só por pór,
pos só "opos":

o sopor

11.7.06

Fali-cock


Quero ser
unha icona
do carallo

10.7.06

Taquicardia


Enchede
esta páxina
en branco

3.7.06

Que mala hostia


Vale que os cuartos de baño
non teñan fiestras pero
pór a chave da luz fóra...