30.1.07

Clase


O obreiro galego
cágase en dios unha media
de 500 veces no día

24.1.07

Gym-sberg


Eu mirei os mellores
cerebros da miña xeración

estrompados contra o plinton

22.1.07

Musculación en barra fixa


Non é paradoxal
que desbarremos
nas barras?

19.1.07

Animal


Quero ser
punki
coma os ghalos

16.1.07

Axente secreto


-Lingüis, me corrighes el texto?

-O meu nome é Lingüis
Cunni Lingüis...

15.1.07

Posible conversa interxeracional


-Por fi, por fi, por fi
porfi, porfi, porfi...

-Déixateme de porfi-are!

10.1.07

O Zuncho


Quen me coñece sabe
que non teño un coche

teño un cocho

5.1.07

Botar un asunto

Contigo na cama á mañá
chamo ao choio e reclamo

o día de asuntos propios

3.1.07

Economía de subsistencia


Imposible encariñarse
contra toda a familia

cun animal comestible