14.2.06

Kalimera


Ao espertar á mañá
é coma un pitiño
acabado de nacer

11 comentários:

eue disse...

Escoitade hoxe á noite, se podedes, de 11 a 12, Se descobres que a Nasa che rouba os discos de cumbias, en Radio Kalimera, un programa duns colegas.

Anônimo disse...

haicu obreiro

Esperta o día.
Calcetín ben gordo
acabado de poñer

Anônimo disse...

Nesa radio teño pasado moi bos momentos e feito un programa xenial "Aí-lo tenendes" (era o título).
Unha aperta.
:)

SurOeste disse...

Declaración: non "hai" día que non teña que vir cheirarche o "cú".

FraVernero disse...

Mimé...
pero aínda existe radio kalimero?
A verdade, nunca fun quen de sintonizala dende o meu vello piso (xusto enriba de Follas Novas). Quizaves haberá algo máis de sorte no de xeneral Pardiñas. 108 do dial dixéchedes, non?
Lembro que fai tempo estaba o xenialmente desquiciado Roberto Abuín metido polo medio. Tiña un espazo (dese nome, creo; 'Espazo') tanto na fundación Granell como despois na radio. Despois dun recital, eu e os sacousos pasamos unha noite paverísima na emisora, recitando e discutindo, serializando unha telenovela mexicana e improvisando poemas a partir de verbas comúns...
Aínda despois, uns meses, repetín eu só con Roberto, desta volta falando da poesía náhuatl á que os dous somos especialmente afíns...
Tiña que atopar unha maneira de conseguir as gravacións desas noites memorábeis, ou...
xD

FraVernero disse...

¿E cal é ese blog, musgallo?

Anônimo disse...

que nostalxía!

eue disse...

A ver, vou moderar un algho:
1. O blog de candorca, "Arrincábache os ollos e mexábache nas coveiras", que así se chama, téñoo ligado na dereita da páxina, baixo Hai+cus novos. O enderezo é: candorca.blogspot.com
2. Eu sei que a Kalimera se colle na zona vella, e tendo en conta que emiten dende San Pedro... Si, o 108, como din el@s: "A última do dial pero a primeira no teu corazón".
3. O dos discos de cumbias seica vén dun tema de Siniestro Total, "Non somos de Monforte":

Si aterriza el Columbia en el
tejado de tu casa
y descubres que la Nasa
roba tus discos de cumbias


Polo visto van pór só música libre e en galego, música que se poida topar en mp3, vamos.

Aquí, propaGHanda sempre, o pouco movemento que se lle poida dar a aquilo que non saia en lado máis ningún, ou en poucos, é benvido neste blog!

Seghiremos a informar

;-)

P.D.: E eu que fixen un blog de haicus porque quería escribir pouco...

candorca disse...

eue! que o último mohicano che retire o saludo! Acollen "persoas-poucas" ou xente ou algo na tal radio para ir facer *barullo de público progre*?

eue disse...

Acóllense, acollen. E mais tamén se queren ir de dilleis pinchar algunha cousa, polo visto.
Trátase -xa me informei millor- de recuperar os discos de cumbias que os iankis nos rouban -entendendo por cumbia e por ianqui cousas diversas-, polo tanto podemos participar todos/as aos/ás que nos aterrara o Columbia no tellado da casa.

Anônimo disse...

A verdade é que dende aquí donde me acho agora, Oaxaca (terra zapoteca do sureste mexicano), pouco podo escoitar a Radio aquela chamada Kalimero. En todo caso escoitar como brota do ovo o novo kalimeriño, tal coma os que a miña veciña (a tía Lancha) ten por acolá enriba, onde está a miña casiña de adobe.

¿Quen son? Ah, bueno... son roberto abuín, o que pasa é que agora o destino me trouxo polas terras de México a comprobar se era certo aquelo de que aínda hai homes e mulleres que son quen de transformárense en vento, marea e arder dende dentro ata a liberdade total da que falaban os toltecas.

Medio galego, medio tolteca e medio grego. Polas terras de Benito Juárez.

Robertiño, o Panadeiro.


PS: polos sacousantos ou demais bichicomas que queiran porse en contacto comigo aí vai o correo: robertoabuin@hotmail.com & robertoabuin@gmail.com.