18.6.09

Forza


A mente pode
parar un puño, o corpo
leva a hostia igual

1.4.09

Falemos con propiedade intelectual


A Lingua non é un patrimonio
É unha obra de arte distribuída
baixo licenza Creative Commons

2.3.09

Contiño


Hai ras que se fan grandes
converténdose en príncipes

outras, pequeniñas,
.......................... raíñas

16.2.09

A Santa, o Bardo e o Rebelde


Rosalía era a popi
Pondal, o hevi
Curros, o punki

9.2.09

2 condenados por queimar a 'efixie' de el-rei


Vaia, ao final o rei
o que tiña non era cara
senón moita efixie

23.12.08

Nadal (haicu tradicional)


Luces de cores
Occidente convértese
nun puticlú

18.12.08

To move


Emocionar é fácil
o difícil é

mover