30.4.07

Antiglobalización

As nosas aguas non son calcarias
Así que, benqueridos compatriotas,

deixen dunha vez de mercar Cagonit!

27.4.07

24.4.07

20.4.07

Epicteto


A calma para aceptar o que non podo cambiar
a afouteza para cambiar o que podo
e a sabedoría para coñecer a diferenza

18.4.07

Eles existen


Vendémoslles o noso tempo
a cambio duns cartos que logo
lles volvemos meter nos petos

16.4.07

A borraxe


É primavera, e tamén eu
coma o Principiño
teño unha flor favorita

10.4.07

Normativo ou normal?


Xa está ben
de que os quinquis falen
coma Alonso Montero

5.4.07

Frase mítica dun colega


Levo tantas copas
que xa non as levo eu:

lévamas unha Gestoría

3.4.07

A-sem-bleas

en tóda-las al-deas!
Máis-asem-bleas
e menos-tele-clús!