31.1.06

Lúa Neghra, Candorca, Fravernero, Nona, Píntega


1. Dobrar as cubertas dos libros novos
2. Pór o pan boca a riba enriba da mesa
3. Mirar papel e merda despois de cagar

30.1.06

26.1.06

Cuchimurrichucupichichurriño/a!!!


Va que non me comentades
como lles chamades na casa
aos/ás vosos/as santos/as?

25.1.06

Ben nacido


Beizón por virdes
meter os dedos
no meu enchufe.

24.1.06

18.1.06

Musicoloxía galega. Homes


O galego ao barbearse
canta os vibratos finais
exactiño aos de Iggy Pop


REC36.wav
Powered by Castpost

13.1.06

En párvulos de cinco anos



"Xusto veñen sacar a foto hoxe
que hai andazo de piollos na clase

Seguro que me saen na foto as lendias"

12.1.06

Nun pesadelo


Petar sorrindo

na porta
dun nicho

10.1.06

Nadal na casa


Botan hoxe
algo interesante

na neveira?

7.1.06

Praceres delicados


Comer con fame
Mexar con gana
Rañar con vicio

4.1.06

8:00 a. m.


Acaricio na túa pel
a marca das miñas sabas

Antes de que cicatrice

3.1.06

Insomnio


E onde carallo
irá dar a ponte

de Mapfre Vida?