26.12.07

Espectáculo multimerda na Coruña


C.S. Atreu
Sábado 29
21:00 h

Revolution rock


O punk rock repártelle
kalashnikovs ao pobo
en forma de guitarras

16.12.07

Váte(r) II

Meu fillo, non lle
cantes a Roca

Instálao

Váte(r) I

Meu pai é fontaneiro
eu cántolle
ao váter

11.12.07

Mira ti


Pois non che sabía eu
que seguise sendo tan fácil

épater le bourgeois

3.12.07

Ir a Cangas por mirar Vigo


Hoxe as luces de Vigo
parecen feitas
para alumar o Morrazo

28.11.07

Solución definitiva para cafetarías


Antes: Posme un café con leite
curtiño de café, cortado non-manchado?

Agora: Ponme un Pantone 1675 PC

22.10.07

Postas polo concello

Convócanse prazas
a señora tinguida, de solarium, con visón

Grupo A

26.9.07

Orvital


Sempre quixen ir
á Lúa, a Venus

Amarte

19.9.07

Non perden o punto


Só os pasos
dos que beillan
levan a algures

11.9.07

Subliminal

As Autoridades
Postais aconsellan:

29.8.07

Haicu do Miguel de Carballo


A vida é coma
o pau dun galiñeiro

curta e chea de merda

23.7.07

Zoando no vento


No aire da entrada da tarde
a serradora eléctrica da fábrica
lembra a harmónica de Dylan

19.7.07

Casa o mierda


Non quero unha hipoteca

Para vivir nun cárcere
hai opcións máis baratas

11.7.07

28.6.07

23.6.07

ArteNativa

Aquí o underground
non está no subsolo

está no rural




12.6.07

5.6.07

Memorias dun neno arrabaldeiro


Eu sonvos o Eue, un rapaz
do periurbano ex-aldea semicidade
coma quen di
....................un al(gh)ien

29.5.07

24.5.07

Teletransportación en día festivo


Por que contamos as horas de sono
coma se empezasen ao saír do pub
e rematasen ao entrar no choio?

22.5.07

17.5.07

Ser ou non ser


Mira, Haimitiño,
este te es el Yorik
No te recuerdas del?

15.5.07

Es terco/a


Motivo para a esperanza:
a merda
tamén fai medrar a vida

9.5.07

Amais do -n velar


Galegos e xaponeses
gustamos de comer

con palillos

1.5.07

Enterremos dunha puta vez o ego colosal de Lord Byron


Facer pallas mentais
está ben pero
plaxiando coñeces xente

30.4.07

Antiglobalización

As nosas aguas non son calcarias
Así que, benqueridos compatriotas,

deixen dunha vez de mercar Cagonit!

27.4.07

24.4.07

20.4.07

Epicteto


A calma para aceptar o que non podo cambiar
a afouteza para cambiar o que podo
e a sabedoría para coñecer a diferenza

18.4.07

Eles existen


Vendémoslles o noso tempo
a cambio duns cartos que logo
lles volvemos meter nos petos

16.4.07

A borraxe


É primavera, e tamén eu
coma o Principiño
teño unha flor favorita

10.4.07

Normativo ou normal?


Xa está ben
de que os quinquis falen
coma Alonso Montero

5.4.07

Frase mítica dun colega


Levo tantas copas
que xa non as levo eu:

lévamas unha Gestoría

3.4.07

A-sem-bleas

en tóda-las al-deas!
Máis-asem-bleas
e menos-tele-clús!

27.3.07

Memoria RAM


O problema é
que a vida é analóxica
e nós dixitais

22.3.07

After Hours


De tanto mirarmos de lado
ao final isto parece
un viveiro de rodaballos

19.3.07

Luns


Segundas feiras
nunca
foron boas

13.3.07

Fum(eg)ada


Se tal fumámoslle aí
uns carozos e gastamos
o serán todo na póla

9.3.07

A vida ávida


O difícil equilibrio
entre a supervivencia
e a autodestrución

7.3.07

Dicíano as mozas antes


Ai, díghoche a verdá

se non quedei preñada
que ben o pasei!

5.3.07

punk


Para odiar
escollo
parodiar

26.2.07

Necrofilia?


Musa porno dos 60's
volves á vida
no intre desta palla

22.2.07

En colores


Eu
dígoche a verdá, eu

alunizo

19.2.07

Bar Galicia, sáb., 9:00 a.m.


Pois eu voulle querer
un bocata de ron
e un cubata de xamón

15.2.07

Músculo estriado involuntario


Nooon pares!
Sigue, sigue
Nooon pares...