28.11.05

Dicionario Bilingüe da Real Miñabuela




Eu non sei muitas parlas

pero o chaufer
da chambra de cotón, si

25.11.05

Dicionario da Real Miñabuela




Xuntáronse un relfas
e unha desarrousada

Que dous chafastrós

Non se preocupar


As manifas da dereita
son o seu teito

As da esquerda, a punta do iceberg

23.11.05

Anagnórise




Só agora
saberemos o que

significaba

Novembro


Sete camións obstrúen
as arterias da ida e a vinda

e póñenme ao bordo do infarto

21.11.05

Fraseoloxía cueira


O/a que ten cu ten medo
pero o/a que só mira para o seu cu

vai de cu e costa arriba

16.11.05

15.11.05

Kafka, fillo da emigración


Fun á San Caetano

e dei máis voltas
ca un chicle na boca dun fanado



P.D.: Tamén vale para as hostias de Tarantino.

14.11.05

Tarantino, fillo da emigración


Se che meto unha hostia

das sete voltas no calçonçillo
sen tocar a ghoma



P.D.: Baseado en feitos reais.

10.11.05

9.11.05

É matemático


Di miña abuela:

haiche cada unha
que che fan dúas

Felicidade homérica


Non a de a acadar
senón a de ir

felicida(n)dando

7.11.05

Dublogs sentidos


Pero de verdade hai alghén
que dispois de defecare

non examine papel e merda?

6.11.05

A tía Felisa dixit


Juanito, non leas tanto,
que de tanto ler

inda vas extraler

Sistema vintesetimal


A tribo dos peterpunk
contamos só ata vinte e sete

que xa quere dicir muitos



P.D.: Parabéns, (m)alicia

5.11.05

Reghate


Topamos de fronte de súpeto na beirarrúa.
Dereita, esquerda. Dereita, esquerda.

Rimos.
Avanzo coa vida pola banda esquerda...

2.11.05

Cinema galego (de vaqueiros)


- Pois onte funche ao cine.
- Ai, si? E que miraches?

- Boh! Vacas a correr.



P.D.: Verídico