29.9.06

De hoxe nun ano

Ola. Colócovos aquí o primeiro texto en prosa de haicu, para vos dicir que hai un ano que subín o primeiro post. Dende aquela até hoxe son, en parte grazas a este blog, un ghicho máis feliz. O feito de ter algo en que estribillar todos os días, darlle voltas ás imaxes que me convoca o licor K ou os paseos e despois subilas fíxome, aínda que pareza unha parvada, cambiar a mirada. E gústame máis o que vexo agora.
Aproveito amais para vos dicir que estou a escolmar estes haicus nun libro, hai cu Pintadas no báter, que non sei se algún día verá a luz como tal, pero que de seguro non había existir sen este espazo e vós que lle dades sentido.
De hoxe nun ano.

16 comentários:

Anônimo disse...

D'hoxe nun ano e antes moitas veces (a avoa Carme dixit).

Anônimo disse...

pois si, de hoje num ano e moitas vezes polo medio, caro ;)

Anônimo disse...

Parabéns polo aniversario! Haberá que celebralo cun LicorK! E a ver ese libro se vai adiante...

Anônimo disse...

PARABENS!!! polo aniño do blog, sempre é un pracer pasar por aquí.

Unha aperta e un brindis de hoxe nun ano.
;)

TXARI disse...

todo é sejir escarabelhando..

SurOeste disse...

O do libro paréceme unha traición ao marabilloso, fresco, libre e inmediato medio de comunicación artístico-filosófico-sociocoxuntural que é o blog, pero bueeeeno xa todos sabemos o pretixio que ten o libro na nosa cultura e tal e por seres ti que es...ímoscho perdoar. Iso si, a penitencia vaiche ser laida, amigho eue: seguirás escribindo haicús na porta deste báter fedorento para todos os que vimos cagar aquí GRATIS.

eue disse...

O do libro é porque aínda hai xente que non accede á Rede, por exemplo, Outeiriño; e porque é menos cómodo e máis difícil ler un blog no báter ca un libro. Ou na cama. Ou no monte. Agora si: os haicus seguirían aquí dispoñibles de balde e ademais seguiran incrementando mentres me sigan vindo á cabeza.

Anônimo disse...

pois xa mos está pedindo o corpo

Anônimo disse...

hai que ser máis orixinal, edita os haicús en papel de váter e así o Outeiriño que pasa moito tempo nel xa ten vagar, ai non! Que ten que pensar na interpretación filosófica da vida e non ten tempo para nada máis... (espero que esteamos a falar do mesmo Outeiriño, eu refírome ao amante e defensor da monarquía española).

Ou que os impriman en gres ou lousas ou terrazo e que o apliquen coma os novos deseños de vangardas dos aseos nas facultades e garitos galegos.

Suso Lista disse...

Parabens, polo ano, que non cabodano. O mais dificil según as estadisticas está superado, asique se despois de un ano ainda tes mecha, xa non vai haber quen te pare. Bicos

candorca disse...

Habemus ano (ou Haicú)

Anônimo disse...

Parabéns, e que sexan moitos máis!

Veloso disse...

Chego tarde á felicitación, pero noraboa polo teu blog. Visítoo de cando en vez e paréceme excelente.

eue disse...

Graciñas a todos/as por vos alegrar de que siga aquí.
Deica!

Anônimo disse...

non che parece que neste país hai libros de máis? de verdade tes semellante autoestima como para pretender sacar un libro con tales paridas?

eue disse...

Ten habido sempre xente que opinou que había libros que sobraban. Si. Como eran aqueles...?

Ah, si: os nazis.

Os libros arden mal.