Nunca esquecerei a impresión que me causou cando fun estudar a Santiago ese ambiente de "cabeceira de comarca" rural que tiña. Sentinme enseguida coma na casa: vivía ao rente das leiras e ía á vila á facultade.
O meu veciño do terceiro esquerda vai botar as patacas e os chícharos ás brañas de Sar. O outro día estivo picando (afiando) a gadaña na beirarrúa (para picar a gadaña hai que cravar un ferro no chan), ó final viñeron os munipas e multárono por deterioro do mobiliario urbán, vese que os da gorra non consideran que sexa aldea.
Eu sempre digo que non escollín profesión (nin estudos): escollín cidade. A miña vida é a historia continua de como seguir ficando aquí. Supoño que lle pasa a máis xente. Un saúdo, moz@s
9 comentários:
Santiago es mi cielo, y Hernández mi dios, por suficientes motivos.Saludo!
Que boa definición!
Sempre que vou a Santiago teño esa sensación: é unha aldea xigante!
Nunca esquecerei a impresión que me causou cando fun estudar a Santiago ese ambiente de "cabeceira de comarca" rural que tiña. Sentinme enseguida coma na casa: vivía ao rente das leiras e ía á vila á facultade.
O meu veciño do terceiro esquerda vai botar as patacas e os chícharos ás brañas de Sar. O outro día estivo picando (afiando) a gadaña na beirarrúa (para picar a gadaña hai que cravar un ferro no chan), ó final viñeron os munipas e multárono por deterioro do mobiliario urbán, vese que os da gorra non consideran que sexa aldea.
A Compostela se acerca uno como quien se acerca a un milagro, que diría Cunqueiro.
pero é bonito saber que existen aldeas tan jrandes nas que che podas perder, ou nom?
Eu sempre digo que non escollín profesión (nin estudos): escollín cidade. A miña vida é a historia continua de como seguir ficando aquí. Supoño que lle pasa a máis xente. Un saúdo, moz@s
Lástima que as tellas non fosen lousas. ¡Que espectáculo a chuvia (que é arte, xa o dixeron Siniestro) sobre o grisallo dos lousados de lousa!
;-)
a lástima é non faser labradío da prasa do obradoiro,meu home, que terreo se perde aí...
;)
Postar um comentário