5.10.06

Talkin' 'bout my generation


Os faladoiros do s. XXI
non son no Derby
son nas portas dos baños do Maycar

10 comentários:

osondaxordeira disse...

Non sei se tanto, pero polo menos os textos escritos nas porta dos baños son máis interesantes...

candorca disse...

iso é moderna idade! pero prefiro o ruta... ;-) Polo menos non me crea crises de ansiedade ou musicais: podes entrar cantando Come on baby, light my fire e saír con me duele la cara de ser tan guapo ou, no mellor dos casos, y yo caí enamorado de la moda juvenil...

e disque tamén hai sitios en Santiago onde vai a peñanormal... xeración da tertulia do café Furacán... Rediósss

Lúa Neghra disse...

Non quero imaxinar que tipo de tertulias pode haber no Furacán. Se as veces que fun hai altas dificultades de vocalización por parte de tododiós! Sen me excluír...

Suso Lista disse...

Hai outros cagadoiros moi bos, poño por caso o do Bar Mestizaxe na Falperra na Coruña, levado polos que tiñan des metros mais abaixo o Luz de Gas. É unha obra de arte, onde solo queda a taza pra que adorne e pinte Ibarrola.

eue disse...

Penso que ultimamente precisamos dun empurrón desinhibidor para falarmos de literatura e de amor.
Por iso ligamos e teorizamos nos pubs.

Anônimo disse...

uy lo que ha dicho...

Anônimo disse...

tou dacordo co candorca, eue as únicas palabras que son quen de expresar no maycar son, "a dua cada ou a miña" todo con fricativas e non conteñen nin amor nin literatura.

eue son máis de falar de fúbol e seso nas tascas do barrio do castiñeiriño, o Sar ou San Pedro...

Laurindinha disse...

XDDD Que bo!! E que mítico!!
Candorca, enténdote perfectamente co das crises de ansiedade...
Lúa Neghra, o Furacán está xa pechado... (disque por Sanidade... ;) pero poderase facer a proba na Nao Berlín...

Mario disse...

Pois a min gústame iso de falar nas portas dos baños, xeralmente con xente a quen non ves máis que por aí e que non saberías como invitar a un café. Ademais que no derby a única vez que tiven a desgraza de entrar o café valía 200 pesetas (de las de aquella!!!). O mau de falar polas noites e que ao día seguinte só lembro a metade (con sorte).

eue disse...

É verdá. Nós aínda arreghlamos un chisco o mundo nese contexto trasantonte, ¿non si, Mario? ;-)
Ao de lembrar a metade, memoria selectiva, non lle vexo máis ca vantaxes.