Estou de acordo en que hai que traballar nas vilas e nas aldeas. Aínda que marchemos para Santiago, hai que facer por impulsar, cando se poida, a vida cultural do eido. Se non é iso, todo se vai en cantar a Rianxeira polas noites.
Hein? "ainda que marchemos para santiago", a vida cultural o quê? O que hai que fazer é a VIDA nas aldeias e deixar-se de paternalismos de tertúlia de café com ciclo de cinema alternativo de fundo. He dicho! :P
Non hai paternalismo, hai colaboración. Era, se non hai, pór a andar cousas entre varios. Non un só dende a metrópole, senón contando cos colegas da aldea. Agora ben, eu polo de agora quero vivir en Santiago, éche así, e non por iso vou quedar cos brazos cruzados en Bonaval.
Pois nalgunhas aldeas xa hai máis anglofalantes que galegofalantes. Os mozos deixan a aldea, os vellos morren, e veñen os ingleses... na miña aldea xa che son colonia
:) Se a mim tb me gosta Santiago (especialmente quando chove)! Nom gosto de que se fale em vida cultural ou cultura como se fosse algo que se tem que fazer ou que só se pode fazer desde os concelhos ou desde as associaçons. Cultura devia ser (é) cousa da gente, nom só de organismos. Sem lhes tirar mérito às associaçons, eh. Que muito fam às vezes! É só que essa concepçom das actividades culturais como algo alheio à vida normal, como umha cousa de museu etnológico... nom sei. Seria umha pena que os maghostos acabassem a ser como o dia das letras... nom sei se entendes por onde vou. (Falo de cultura no sentido amplo, nom no sentido literario-artístico-musical.)
Conste que nom te acuso de nada!! Faltaria mais! :) [de facto, encantas-me]
Non, se eu tampouco estaba en plan autodefensa, la queue bleue, ;-) E grazas. O choio é que na miña terra, chamémoslle Malaherba, por ex., aquilo é un niño de fachas, e como non se ofreza unha alternativa imos perder, por exemplo, o legado de cadros que lle fixo Abreu á súa aldea, porque os outros non os queren. E a cousa cultural queda en catro gaitas presentadas por Corina Porro, non sei se me entendes. Nós queremos recuperar as festas e os xogos tradicionais. Non é intervencionismo, é que á xente lle acorde como se divertía, que nos relacionemos entre nós, novos e vellos. Facer vida de barrio, vamos, cunha orientación distinta da dos caciquiños.
10 comentários:
Ummm, eu non lle quero ser pesimista, pero... case lle digo que si.
xa...
Entristéceme que nas aldeas case non haxa nenos. Ídesvos os novos para a vila e quedan os vellos sós, agardando que os vaiamos enterrar.
Estou de acordo en que hai que traballar nas vilas e nas aldeas. Aínda que marchemos para Santiago, hai que facer por impulsar, cando se poida, a vida cultural do eido. Se non é iso, todo se vai en cantar a Rianxeira polas noites.
Eu concordo, pero creo que tamén hai máis falantes de español nos cemiterios que nas cidades, que as linguas romances xa che teñen os seus aniños!!!
Hein? "ainda que marchemos para santiago", a vida cultural o quê?
O que hai que fazer é a VIDA nas aldeias e deixar-se de paternalismos de tertúlia de café com ciclo de cinema alternativo de fundo. He dicho! :P
Non hai paternalismo, hai colaboración. Era, se non hai, pór a andar cousas entre varios. Non un só dende a metrópole, senón contando cos colegas da aldea. Agora ben, eu polo de agora quero vivir en Santiago, éche así, e non por iso vou quedar cos brazos cruzados en Bonaval.
Pois nalgunhas aldeas xa hai máis anglofalantes que galegofalantes. Os mozos deixan a aldea, os vellos morren, e veñen os ingleses... na miña aldea xa che son colonia
:)
Se a mim tb me gosta Santiago (especialmente quando chove)!
Nom gosto de que se fale em vida cultural ou cultura como se fosse algo que se tem que fazer ou que só se pode fazer desde os concelhos ou desde as associaçons. Cultura devia ser (é) cousa da gente, nom só de organismos. Sem lhes tirar mérito às associaçons, eh. Que muito fam às vezes!
É só que essa concepçom das actividades culturais como algo alheio à vida normal, como umha cousa de museu etnológico... nom sei. Seria umha pena que os maghostos acabassem a ser como o dia das letras... nom sei se entendes por onde vou.
(Falo de cultura no sentido amplo, nom no sentido literario-artístico-musical.)
Conste que nom te acuso de nada!! Faltaria mais! :) [de facto, encantas-me]
Non, se eu tampouco estaba en plan autodefensa, la queue bleue, ;-) E grazas. O choio é que na miña terra, chamémoslle Malaherba, por ex., aquilo é un niño de fachas, e como non se ofreza unha alternativa imos perder, por exemplo, o legado de cadros que lle fixo Abreu á súa aldea, porque os outros non os queren. E a cousa cultural queda en catro gaitas presentadas por Corina Porro, non sei se me entendes. Nós queremos recuperar as festas e os xogos tradicionais. Non é intervencionismo, é que á xente lle acorde como se divertía, que nos relacionemos entre nós, novos e vellos. Facer vida de barrio, vamos, cunha orientación distinta da dos caciquiños.
Postar um comentário