14.12.06

Matemáticas aplicadas


Nunca houbo dúas Españas
Había e hai España
e media
................como muito

6 comentários:

Manuel Rivas disse...

¡E vaia media! Con liga e todo.

Lúa Neghra disse...

Había España e "doce mágoa das Españas"...

XM Carreira: Caixa do Mendinho disse...

Vaya tropa!!! Exclamou o profeta

FraVernero disse...

Pss... hai demasiadas Españas de todas maneiras... Anque por mín poden quedar con tódolos anacos que desexen, mentres nós estemos fóra...
É que a bandeira tricolor non é un mal símbolo, anque non deixo de sentilo totalmente alleo...

Mario disse...

O malo das Españas é que unha era unha (grande y libre) e a outra eran cincuenta que se disparaban entre si nos ratos libres. E eu non digo nada das cincuenta, pero se atendesen ao que había que atender outro galo nos cantara. Eu, como bon internacionalista, si que sinto a tricolor do país veciño (ou o que sexa, que a este paso...).

eue disse...

Hespaña non é España, para min. É algo moi distinto. O que si é que, na liña internacionalista do Mario, a min gústame máis ca España pero menos ca a Internacional (Socialista, Anarquista ou como sexa, que xa berregamos -tamén vid. supra- dabondo).