19.2.07

Bar Galicia, sáb., 9:00 a.m.


Pois eu voulle querer
un bocata de ron
e un cubata de xamón

9 comentários:

Torreira disse...

E o que che teñen os excesos ,que rematas por pedir sempre cousas indixestas en lugares inapropiados

Moralla disse...

Óptima interpretación da arte cubista a certas horas da mañá en compañías confusas...
Matrícula de honra na asignatura!!
Bo rolo (ou boa merda como dis ti)

tío Pepin (agora camareiro) disse...

Vas fodido, non che nos queda pan para o cubata e, en confianza, tiveches sorte, aquí o xamón é de garrafón.

tío Pepin (agora camareiro) II disse...

Meteduras de pata (negra): onde dixen cubata quería dicir bocata (claro que no teu estado xa tanto da).

Mario disse...
Este comentário foi removido pelo autor.
Mario disse...

Eu sei de un que entrou a iso das nove nun coñecido after dunha coñecida cidade e pediu un cubata e un curasán.
Tamén é celebre o daquel bar: "El rey del cubata (Desayunos)"

Plattdorf disse...

E vostede tamén molla o bocata no cubata?

Lúa Neghra disse...

Ei, que o queique mollado en licor café no Mosquito é o almorzo dos campións, ou o bocatazo inmenso de xamón da churrería de San Pedro cando un/ha vén de reenghanche... Ai, que morriña de barrio!

oko disse...

que grandes almorzos (dá igual de que)!!!