Peor: pasar o día escribindo sobre o que hai nos museos, nos cines, nas salas de concertos e nos teatros e non poder ver nunca nada porque non queda tempo. Vivir con alguén a quen nunca ves. Estar esgotad@ no pouco tempo libre que queda e non ter forzas. Ter cartos abondo para ter fillos e non ter tempo para crialos. Non comer. Non durmir. Non vivir. Que merda de sociedade capitalista...
Aí está o rollo, as xornadas laborais cada vez se solapan máis coa xornada natural das persoas. Case non vemos a luz do sol. Da mesma curta á que se referencia no haicu: "Imos abolir as fiestras, porque non son necesarias, xa non hai paisaxe".
Aí non che dou a razón. A min o que me salva é a fiestra, a paisaxe que hai alén, o son do vento e as aves que me trae, o recendo da laranxeira. Fiestras ao infinito sempre.
Nin eu! Expreseime mal :) Non facía miña, nin moito menos, a frase do documental de Pialat. Tampouco era súa. Poñíalle voz á sociedade do seu (noso) tempo, imaxino, que pensa que as fiestras, ver a luz do sol e ter vida máis alá do traballo é algo prescindíbel. Por certo, este blog é unha fiestriña polo medio de entrevistas e noticias, pero son as oito dun venres e penso que vou saír da oficina a ver se queda algunha raiola de luz fóra...
Hala!! Fiestra, fiestra!!! Como diría a canción: Vamos todos a la fiestra!! Hai que potenciar as fiestras. Iso de abolilas... ummmm
Hoxe cando abrín a fiestra da miña oficina había un tío escoitando "Fuck the world" de Turbonegro, cun dedo da man dereita no naris e a man esquerda rañando o haicú (vamos, mesmo que estivese para un museo de cera)
6 comentários:

E entrar a traballar (tamén) antes que abran os museos?

Por certo, moi bo blog!
Postar um comentário