19.9.07

Non perden o punto


Só os pasos
dos que beillan
levan a algures

5 comentários:

albagal disse...

O baile, coma calquera arte é unha linguaxe coa que nos expresamos.

Estes días estou a facer un curso de expresión corporal e non paramos de tirarnos ao chan e sobarnos uns aos outros; prometinlle a Zerovacas facer unha demostración no Avante.. Haha..

Sun Iou Miou disse...

E como lle vai un coller o punto se eles non o soltan? Así, ninguén lles é punto.

Lúa Neghra disse...

Unha volta polo medio
e outra polo arredore
así fai o que ben baila
así fai o beiladore

-----------------------

Este gharutiño que aínda agora entrou
Este gharutiño que aínda agora entrou
deixádeo beillar que aínda non beillou
deixádeo beillar que aínda non beillou

----------------------

Baila que non é de risa,
baila que non é de risa,
antes de saír do baile
has de suar a camisa

-----------------------

O que non canta nin baila
que vén facer á foliada,
aprender catro mentiras
para contar pola semana...

... E así :)

Zerovacas disse...

Pois espero que cumpras a promesa ;)

paideleo disse...

Bonito haicu.