28.11.07

Solución definitiva para cafetarías


Antes: Posme un café con leite
curtiño de café, cortado non-manchado?

Agora: Ponme un Pantone 1675 PC

7 comentários:

Sun Iou Miou disse...

Cando os cafés os fagan os ordenadores, ben, dará certo, pero mentres pase como cando vas pintar un cuarto, que botas tres días e medio a elixir o pantone e logo chega o da brocha e fai a mestura a ollo (a ollo del, enténdase)...

Lúa Neghra disse...

Eu alucinei unha vez nunha tenda de pinturas: lévaslle unha mostra da cor que querías e hai unha máquina que mestura pinturas até conseguir o ton exacto. Iso si, os pintores seguen funcionando "a ollo".
"Faino ti mesmo" segue sendo a máxima nestes casos, pero ollo cos daltónicos, que xa nos pasou cando pintamos o local de Itaca e o que mercou as pinturas trouxo beige por branco...

Mario disse...

A min o que me amola non é iso, senón os camareiros con tradución simultánea:

- un cafe con leite.
- con leche?
- non, con soda

Sun Iou Miou disse...

Aínda ben, non trouxo verde por vermello. As máquinas é o que teñen: moita eficacia pero chiste ningún.

Sun Iou Miou disse...

Oi, Mario, mentres non sexa con mala leche, todo ben (`_^)

TXARI disse...

coido que de feito jâ o aplican en varios locais da capital...

Raposo disse...

Eu reinvindico a simplicidade: o café solo ou con leite.
E o que o queira doutra maneira que se o autoprepare na casa, ostia.