24.6.08

Muíño Sound System


Iñantes dos scratchs
o tarabelo picaba na moa
o drum&bass da muiñeira

6 comentários:

Sun Iou Miou disse...

Canta razón tes e canto ouvido!

albagal disse...

Ai, ai, ai..!

Este Leo, sempre xenial,jeje

Unha aperta.

eue disse...

A peña reivindica a volta ao vinilo.

Eu digo: Tornemos editar a música en moas! Volvamos scratchar con rodas de muíño!

Sun Iou Miou disse...

Mentres non haxa que comungar con elas, todo ben.

L&M disse...

e a regueifar por volta do tinto

xabier x xardón disse...

que imaxe máis fermosa e máis potente. certamente, con versos así cicélase o fío musical da nosa historia.
apertas