20.11.09

Volta do recreo


A lama do piso do corredor
da entrada do patio
é un big-bang
.........................de puntos cardinais

8 comentários:

Lúa Neghra disse...

É unha das imaxes máis bonitas que hai, a estampida e o balbordo dunha saída ao recreo. A mariola na parede é un puntazo :D habería que xogar cun arnés, coma nos rochódromos!

Anônimo disse...

Están mirando de gabear, pero téñeno algo complicado, quen lles dera ser homes araña e de seguro que o do arnés lle anda pola cabeciña.
Na miña aldea o truco era un mundo aparte, i é que alí permitiamos certas licenzas. Nós no canto do cadro dez tiñamos "cielitos", un espazo máis grande e onde era ben máis fácil atinar a pedra. Amais, tiñamos seis oportunidades de repetir a tirada, a verdade, sempre fomos moi permisiv@s e dad@s á interpretación. Até tres lanzamentos se a pedra rompía,que contabilizaba como "unha rompida" e outros tres se caia na raia, que entón era "piquis",si, isto último era bastante conflictivo.
Fóra da aldea as nosas regras non tiñan validez ningunha, malia que nos pesara, pero vai ti saber se non houbo entre @s visitantes estivais quen implantou noutros lugares do mundo está maneira de xogar, e agora unha crianza nas rúas de México anda a dicir aquilo de "piquis, piquis", para poder botar outra vez a pedra. Tería gracia a cousa.

Lúa Neghra disse...

Si, eu recordo que había ceo, e inferno tamén! É curioso como cada lugar ten as súas propias normas e o seu propio nome (mariquitilla, eue? Lémbroo polo de "campión da mariquitilla en Freixo" :D)

Anônimo disse...

I é que xa se sabe que ceo sen inferno non se entende, mais o certo é que nós inferno non tiñamos. Daquela debiamos aspirar tod@s ao marabilloso "reino dos ceos", pero que de seguro ben pouco tiña a ver con ese no que certos falabaratos (véxase cardeal Barragán que di que seica xa o dicía San Paulo) afirman que algunhas e algúns non teñen cabida.

verónica disse...

sempre que te leo
párase o tempo
e non, este non pon a cada un no seu sitio
está moi ocupado parando e poñéndose a andar de novo

bueno, emociónasme e iso é moverse un pouco

saúdos!

eue disse...

"Çelta, campeón...
da-mariquitilla-en-Freixo!

Te gané!"

Este era o diglósico ritual co que competiamos miña irmá e mais eu ao engulir o colacao con sopas de pan reseso previo a ir para o cole. O que remataba antes a cunca e dicía todo iso, gañaba.

Graciñas por parardes por aquí -aínda.

verónica disse...

encántame que che encante!!

Lúa Neghra disse...

Non coma meu irmán e mais eu, que competiamos a ver quen remataba máis tarde (valían todo tipo de trampas e xogo sucio...)

Seguimos parando, si, antes, agora e mais dispois ;)