15.6.06

A mesa dos nenos perdidos


Puñan unha mesa
para os nenos nos convites

a de nunca (xa)mais

13 comentários:

SurOeste disse...

E os máis grandes facían de papás, mentres os verdadeiros papás bebían viño e xoghaban á brisca.

(todo estaba controlado)

m)alicia disse...

e se lle cadraba aínda mandaban calar

caravelete disse...

¿e a bandeira do país de nunca (xa)máis será a coñecida azúl e negra?

Plattdorf disse...

Si, suroeste, pero os máis grandes tamén facían cócteles de cocacola con fanta e gusanitos.

Os verdadeiros pais limitábanse ao viño.

Lúa Neghra disse...

Que míticos eses manhattans que se fan os rapaces con cocacola e fantas de todos os sabores, ghusanitos e pelotazos (que aghora che hai unha variedad de trapalladas matutano...) Como os bocatas de nocilla con chourizo. Unha monitorizou tantos aniversarios infantís que xa entende de nouvelle cuisine...

Pablo disse...

nos fomos iniciados no viño (da casa, claro) con gaseosa la pitusa ben noviños... non era só cousa dos pais...

i.a. disse...

e despois está, ao lado da mesa dos nenos, nas vodas, a dos colegas desparelhados, o estádio mais similar á infáncia nos tempos que correm (dum certo ponto de vista, claro) ;-)

Plattdorf disse...

Ai, eu a mesa dos desparellados tamén a frecuento, si. Tendemos a ser os máis bébados.

Pintega disse...

Eu tamén me iniciei de pequena na mesa dos rapaces no viño con gaseosa porque o da casa non fai mal (meu pai dixit).

Jan disse...

Ás veces gostaría de voltar a ela...

SurOeste disse...

Por favor, necesito saber cantos dos lectores deste blog viciaron de pequenos na ghaseosa "Los 15 hermanos".

Laurindinha disse...

É certo... que divertidas eran esas mesas só para nenos...

eue disse...

Até había amores calados e non resoltos ¿claramente? incestuosos (dos que queren bula papal)...