9.6.06

O pracer


O pracer de quitarmos amodo
un calcetín que levase
o día enteiro apegado á pel

14 comentários:

TXARI disse...

e debruçar con calam o cheiro que desprenden, e clasificalos en re-utiliçables, lavables ou en perigo de extinçom...

panxon calling disse...

E o pracer de votar unha boa mexada despois de moito tempo aguntándoa. E o pracer de sacar !!!por fin!!! esa merda de zapato novo que estreabas hoxe. E o pracer dese vaso de auga, fresquiña, cando a túa gorxa era xa area do deserto. E o pracer de mandar a tomar polo cú ó pedante de turno na cola do cine, que está a facer unha tese improvisada (coa súa pobre noiva de paciente ointe) da influencia da poesía austro-húngara no cine checo dos anos 50 (véxase en ANNIE HALL, de Woody Allen, unha escena gloriosa neste sentido).E o pracer por antonomasia...por certo, ¿cal é o voso?

SurOeste disse...

Dar por rematado un traballo e pegarme
unha ducha cando estou peghañenta.

os domingos vacíos disse...

deitarme despois dunha noite de festa.

eue disse...

A sensación na pel ao voltar, á tardiña, da praia

Marinha de Allegue disse...

O contacto da auga coa pel.

Unha aperta.
:)

Lúa Neghra disse...

Estou dacordo con Marinha! Os contactos coa pel da auga, a herba, a area e a quen queres ben son o mellor...

musgallo disse...

Eu coincido co dos calcetíns, aínda que é algho que nunca pensara. Aghora vouno disfrutar máis.
A min creo que me daría moito pracer poder estirar o cú (enténdase: as nádeghas), sobretodo despois de moitas horas de apousamento.

musgallo disse...

E o de ser capaz de me rir dos pedantes é algho que me causa moito praser, si. E rirme dos ideóloghos baratos tamén.

caladinha disse...

Iso do calcetín xa me arrepíos a seghún quen sexa o portador, a ventilación existente e a proximidade da saída de emerxencia máis cercana...

Quédome con poder quitar as lentillas despois dun día de traballo diante do ordenador.

pipa de melón disse...

POR CERTO: DICÍDELLE A SUROESTE QUE O SEU BLÓ TEN PROBLEMAS TÉCNICOS E NON PERMITE NIN VER NIN DEIXAR COMENTARIOS. QUERÍALLE DICIR QUE ESTÁ FEITA UNHA PORCONA.
ÁRDECHE O EIXO!como oín unha vez que se dicía.

candorca disse...

o pracer de beber un litro de cervexa fría, case-xélida, deitado contra o mar nun día caloroso.

O pracer de rañar onde proe, nunca remata.

SurOeste disse...

eH?! uN MOMENTO! Problemas técnicos? Iso que é? Terei que botarlle aceite a algo? Quen está feita unha porcona? Ferín a sensibilidade de alguén?

pándigo disse...

o pracer de quitar unha carraña no semáforo, mentres escoitas a COPE