7.3.07

Dicíano as mozas antes


Ai, díghoche a verdá

se non quedei preñada
que ben o pasei!

6 comentários:

oko disse...

antes?

eue disse...

Agora?

SurOeste disse...

NIN OS DE ANTES NIN OS DE AGORA ESTÁN POLO MÉTODO CONDÓN. Évos sempre a mesma música.

eue disse...

Xa.

Así a todo a frase é festiva, eh? Que se usa, dito por homes e mulleres, segundo me di a informante, xa lexicalizada e separada do seu senso recto, cando un/ha vén dunha festa negra.

Anônimo disse...

Pois si que é chocarreira a frase. Que si, que os da xeración pre-audiovisual eran máis enxeñoso.

Lúa Neghra disse...

Dios, debo de ser máis conservadora que Cristo, porque o sentido que lle daba eu á oración non era condicional, senón concesivo: "malia que non quede preñada, así e todo que ben o pasei". Algún becho na cabeza me fixo pensar: "antes" = vontade procreadora.