29.8.07

Haicu do Miguel de Carballo


A vida é coma
o pau dun galiñeiro

curta e chea de merda

10 comentários:

sun iou miou disse...

Despois de ver o cambio de imaxe non podo deixar de recomendarche isto, meu:
http://www.mytoons.com/files/game/animation/27/2732/UrinalGame.swf

albagal disse...

Que va, eu serei mui cursi pero a vida é intensa e maravillosa, sempre positiva!

Por certo, vémonos no festival da poesía do Condado, se ides.

albagal disse...

Perdoa, filólogo, marabillosa e con b!

eue disse...

Moi bo o xogo, iou. Lémbrame unha historieta de Óscar no Jueves, do Profesor Cojonciano, que consideraba as mesmas disxuntivas... X-D

E si, para as dúas, albagal e iou, imos a Salvaterra, o que non sei fixo é o día que chegamos, pero mirámonos alí, non?

Zerovacas disse...

A vida é curta, pero ancha!!!

Ei, ¿xa remataches as vacacións? Vémonos en Salvaterra

eue disse...

Aí falaches, zerovacas.

Pois si, mirámonos en Salvaterra.

sun iou miou disse...

Non puiden ir a Salvaterra/Monção (moi ao meu pesar) que tiña pucelo-rioxanos na casa e tiven que asistir (solidariamente) a unha cata etílica. Estiven con eles, ende ben, na quinta (feira) aló escoitando a Filipa Pais.

Lúa Neghra disse...

Boísimo o xogo, Fontiala. Tamén lin ao profesor Cojonciano do Jueves, e tíñao fácil... Superei case todos, pero cheguei á combinación 010101 e non optei pola saída máis honrosa...

Que triste volver currar despois da fin de semana salvaxe de Salvaterra... E para colmo, currar na finde que vén... Vou ter morriña de festa para dúas semanas. Aos/ás que estivestes... Teño fotos e vídeos, empezade a tremer... :D

TXARI disse...

peninha nom estar em salvaterra, agardo cheguen aqui os rumores da resaca que ficou...

sun iou miou disse...

Lúa, para o teu consolo, que saibas que ninguén atina nese, nin os máis expertos. Cando a gana aperta as solucións honrosas non valen. En fin, aos urbanitas sempre lles queda (a falta de mato ou cancialas) a opción de afincar contra un contedor do lixo (`_^).
O que é triste é amais de non ir a Salvaterra non ter sequera a opción de poder dicir "que triste volver a choiar despois das vacacións" Ulas? Claro que por outra banda (imos mirar por unha vez o vaso medio cheo) queda a esperanza de aínda poder collelas (^_^).