15.11.07

Espectáculo multimerda


Malas Pécoras
Xoves 22
22:00 horas

10 comentários:

Zerovacas disse...

Conseguiches o retrete para a presentación?

Este ano en Cineuropa botan un filme uruguaio moi acaído para hai cus, "O baño do Papa":

"...Debe incrementar as arriscadas e duras viaxes ao outro lado da fronteira. Deixa a un lado o seu gran soño: mercar un velomotor. Mesmo perde o seu ben máis querido, a bicicleta, con tal de conseguir a clave do seu templo de residuos e riqueza: a cunca do váter"

Sun Iou Miou disse...

E eu nun congreso de chinés en Pucela, por favor. Ben se ve que non está de ser.

Lúa Neghra disse...

Hehehe, moito pensei no eue cando metín a sinopse dese filme na web... Sun Iou Miou, ímola botar de menos. Seguro que este espectáculo non desentonaba nadiña para os estudosos de chinés pucelanos...

Mario disse...

Tomarémoslle fibra esta semana logo, para estar preparados.

eue disse...

Pois si, meu pai, fontaneiro, xa me aquelou un, zerovacas. O filme ese ha estar ben, si, teño que irlle.

Sun, xa haberá outras, en Vigo moi cedo, por exemplo.

Mario, pasa por alí media hora antes, para prepararmos algo... ;-)

Arredista disse...

Muita sorte na presentaçóm,temos que facer outra no Pote que em Fene deixaches a xente moi contenta.

Antuán disse...

E eu no exilado.... Se hai algo polas ferias de natal, avisa!!

E moita merda para o espectáculo, que lle din os artistas!!!!

Anônimo disse...

Comentario ao hai-cu de Francis Touciño.

contáronme que os da voz de Galicia facían a tradución da versión online en galego cun tradutor automático.
Saiu a ministra:
Alicerces do Castelo

(disque, seica... foi verídico)

eue disse...

;-) Pois si, haiche cada xoia por aí. E logo dicían que os ordenatas non podían escribir poemas... X-DDD

Moitas grazas aos/ás que viñestes ao Malas e tamén aos/ás que queriades e non puidestes.

Lúa Neghra disse...

Hehehe... Eu o outro día vin unha nova en Europa Press onde falaban das achegas á música de Caetano Veloso e Rapaz Buarque, pero a mellor de todas, sen dúbida, foi a noticia aquela en que La Voz nos mandaba corrernos...