28.11.05

Dicionario Bilingüe da Real Miñabuela




Eu non sei muitas parlas

pero o chaufer
da chambra de cotón, si

8 comentários:

eue disse...

Arrequentade o Dicionario, plis. De flispim pó North

i.a. disse...

vaia cá a minha, que o meu pai á hora de ir durmir dizia-nos que fôssemos para a couché

Lúa Neghra disse...

En Pantín vamos a todo filispín (full speed), levamos postos niques (nike, supoño, a globalización chega ás metonimias do cotián)e comemos queiques (cake). E non esquezamos os roteiros marítimos: Capetón (Cidade do Cabo, Capetown), Antuerpe (Antwerpen, Amberes)...

iago disse...

pois a minha abuela cando algo vai mui rápido (nomeadamente os ghatos) di que vão como "espúnis" (do russo, "sputnik").

Iván disse...

Este já é mais típico... meu pai, quando alguém solta um discurso longo di "largou um espiche!" (do inglês "speech", discurso)

eue disse...

Si, si, si!!! Flípame o de "espuni"! Grazas, Iago. Miña avoa aos ghatos espunis chámalles "endinados", evolución patrimonial de INDIGNATUS.
En M. compartimos os queiques e os niques, luíña. O do filispín vai camiño de ser panghalaico

pintega disse...

Sinto se tocagüevos, pero creo que o de nique é por unha marca catalá homónima, ou cando menos española que hai uns dous anos levou a Nike a xuízo e conseguiu que non puiden utilizar ese nome comercial no Estado español, razón pola cal desde aquela os produtos desa marca só teñen o anagrama (non sei se se lle pode chamar así) que a representa.
Fin do espiche ;-P

eue disse...

Guau! Muitísimas, Píntega. Eu tampouco non lle tiña nin idea. Aí queda descuberta esa gralla que hai en todos os dicionarios ;-)