9.11.05

Felicidade homérica


Non a de a acadar
senón a de ir

felicida(n)dando

2 comentários:

Anônimo disse...

Cando emprendas a viaxe, pide que o camiño sexa longo, pleno de aventuras e descubrimentos.

Que sexan moitas as mañás do verán
nas que aportes en peiraos descoñecidos.

Ten sempre Itaca na memoria.
Chegar alí é a túa meta,
mais non lle metas premura á viaxe,
mellor que se estenda longos anos,
e na túa vellez aportes á illa
con todo o que gañaches polo camiño
sen agardar que Itaca te faga rico.

Xa che fixo o seu agasallo: a viaxe.
Sen ela non terías botado a andar.
E non che pode dar cousa ningunha máis.

Aínda que a atopes pobre, non te vai enganar.
Rico en saber e en vida, como voltaches,
comprendes xa que significamos @s Itacas.

(perdón a Kostantin Kavafis, pola desfeita)

eue disse...

De desfeita nada. Gústame o verbo "aportar" e a versión libre do final. :-***