14.11.05

Tarantino, fillo da emigración


Se che meto unha hostia

das sete voltas no calçonçillo
sen tocar a ghoma



P.D.: Baseado en feitos reais.

7 comentários:

acedre disse...

Mui bo. Eu sei dun tamen expresivo: Se che dou unha hostia morres de fame no ceo.
Saudos.

eue disse...

Hahaha! Moi bo, Acedre, hasme dicir onde se recolle, aínda que supoño que aí, en Acedre.
Unha semellante de Cangas: "... non che chega todo o ceo para aterrizar."
Hai que revisar as traducións de Tarantino para o galego ;-)

Parrando disse...

Outro de Cangas: douche unha hostia que pides pan por señas.E un de Moaña: douche un chapaso que te esmecho contra a parede.

m)alicia disse...

díxenlle algunha vez que detesto a tarantino?

eue disse...

Dixo, dixo, (m)alicia, pero aí polemizabamos ;-)
Fe de grallas: "derrapar" por "aterrizar".
Reflexión: por que será que todas estas frases son da nosa área dialectal, parrando?

acedre disse...

Oino en Acedre, provincia de Lugo e dixoo un de Chantada a muller.
Por suposto era en broma pero nunca oin algo tan expresivo.

Parrando disse...

Non todo son hostias nin chapasos na nosa terra, hom (ou muller). Tamén hai expresións menos belicosas, como "encarnar a nasa", "meter o carro coas rodas fóra" ou "mollar o biscocho", todas elas sinónimas.