29.12.05

Enquisa




E vós
que ledes
pra caghar?

19 comentários:

eue disse...

Eue a composición dos xampús

FraVernero disse...

Depende de onde estexamos...
Por exemplo, nun lavabo público de estación de tren (poñamos por caso, Victoria Station en Londres, pa fardar de cosmopolitas), as portas soen ter instructiva lectura e información. Alén, a postura defecatoria (evitando no posíbel rozar no máis mínimo a taza) axuda á lectura...
Na casa búscae algo breve, sobretodo en inverno, cando o baño é dos sitios máis fríos do fogar. Hai fancines que axudan ao respeito...
Tiña un amigo que levaba libros de Araguas ao baño. Disque lle axudaban moito na tarefa...

eue disse...

Hahaha! Eu só lle lin A Canción do Verán, pero xa lle chegaba, xa...

Hai unha pintada moi boa, en letras pequenas, só lexibles dende preto: Cuidado, que caghas por fóra!

Dorvisou disse...

Hai casos, nos que é millor pechalos ollos e deixarse levar polas sensacións...ou recitar algo de memoria, desimulando, como se non fose a primeira vez que caghas.
Saúde e terra.

dorfun disse...

...eu recoñezo que non podo pasar sen levar algún folleto de publicidade... os de Alcampo estaban ben, pero os de Lidl teñen a duración xusta! ...tamén algunha revista xa lida, comenzandoa polo final... maniatico que é un, si...

Ivan disse...

Pois eu hoje leio o livro que repartiam ontem em São Lázaro, contos já clássicos, mas algum ainda não o lera

eue disse...

Dorfun confímame que somos moi frikis nas lecturas evacuatorias.
Moi boa a opción de "literatura oral", Paco Penas!
Teño que me facer co libro, que xa quedei sen a entrada, Iván. Polo que dis está ben.

xornalistiña disse...

eu son das clásicas: levo o Jueves o un Mortadelo e Filemón

eue disse...

Que ghrande! As historietas pequenas de Mortadelo dan xusto a medida dunha evacuación. ;-)

Manoliño Captura disse...

Eu leo calquera cousa que teña letras. Aínda que sexa nun idioma que non entenda (salvo os que empregan outros alfabetos, claro).

eue disse...

Así que vostede tamén é fan dos textos estranxeiros das etiquetas dos xampús! Eu xogo a topar os equivalentes, nomeadamente do alemán.

Son o único que le etiquetas de xampús?

un pándigo disse...

eue ao cagare... dedicación exclusiva... non vaia ser que perda o esfínter... despois é moi difícil atopar un axeitado...

sara jess disse...

eu, para cagar, non leo: poño a COPE

eue disse...

Diarrea verbal asegurada, Sara Jess. Hahaha!
Mecághona! É o que me sai sempre que me queda posto o televexo en A3 despois dos Simpson

Ivan disse...

Para textos em línguas estrangeiras, o melhor são as caixas de cereais, o champô está sempre em línguas demasiado típicas. Bom, às vezes aparece em grego.
Sobre isto fala o prólogo do Proxecto Dicionário Vivo, de Guisan Seixas. É um livrinho fantástico, especialmente o prólogo.

eue disse...

Beizón pola lectura recomendada, Iván. Heino pillar.

musgallo disse...

Pois mira, eu para caghar leo o texto do paquete de tabaco. Sempre fun algho estriñida pero a nicotina comezoume a afrouxar os esfínteres aí polos 18 anos cando xa levaba moitos cartóns fumados. E a cousa vaiche enproghresión porque agora xa con só ver "Chesterfield" vou correndo para o baño. Que palabra tan estúpida: baño" como se alguén lavase o cú sempre despois de caghar. Se se fixese a celulos ade Pontevedra iría ao carallo e non sexamos hipócritas. Eu só lavo o cú unha vez ao día, cando me ducho. Mellor dicir váter, que é un estranxeirismo xa moi adaptado. O de caghadeiro non queda moi ben. Pois bueno, vou correndo ao váter. Na casa paásoo peor porque aínda teño que andar algo e teño medo que non me dea tempo, pero nestes pisos de Santiago, onde vas da cociña á sá e da sá ao caghadeiro, chego ben.En fin , perdón por ser tan obscena pero é que a entrada incitaba.Se quixese ser sutil, para os non fumadores, podedes levar un livraco da historia de España, que causa o mesmo efeito. Un

eue disse...

Eu era retraído tamén ata que fumei e vin para Compostela, onde comín de todo. Sempre pensei que fora o Ketchup, pero se cadra era a fumeta, mira ti. Unha gloria de comentario, gustoume moito ;-)

estíbaliz disse...

Unha tía miña levaba o dicionario. Actualmente, mediados os 70, vai polo Q.