23.12.05

Isoblogsas


Pronúnciome
con gheada
e seseos

10 comentários:

eue disse...

Cito a páxina pola foto, pero é incorrecto o seu contido: a gheada e o seseo implosivo e explosivo son perfectamente correctos dende o punto de vista normativo e polo tanto na fala culta. Nas Normas Ortográficas e Morfolóxicas do Idioma Galego aparecen como pronuncias correctas das letras g, e c e z.

FraVernero disse...

Ams...
na Serra de Outes cal dos seseos empregamos?
Pena que o mapa que colaches fose tan pequecho, ou...

FraVernero disse...

CORRECCIÓN:
A miña limitada espelidez douse conta de que picando sobre o texto, cal caixa de Pandora, ceivábanse os ventos (e máis, prácticas, as respostas).
xD

Le Petit Poyon disse...

Maxistral.

PD1: Pida que a Academia lle dea unha subvención, por instruír deleitando;-)

PD2: Para cando un post sobre o futuro de subxuntivo?

eue disse...

O problema do Futuro de Subxuntivo é que, como vostede sabe, non é dialectal ;-) e non ten mapa [polo de aghora]

Fra Vernero, acho que os dous tipos, implosivo e explosivo: façer e ves ("vez"). Na outra tipoloxía, creo que predorsal, máis entre z e s ca s.

Viva a divulgación da ciencia lingüística!

Iván disse...

Meu caro eue, se conseguires (FdS!!!) resumir nos três versos dum haiku as variantes do seseio citadas na gramática de Freixeiro Mato (vol. I), tentarei eliminar da minha fala culta o thetathismo e, além disso, convidarei-te a uns LKs.
Iván

eue disse...

Hahahaha! Non deixades de me sorprender, ti especialmente, Iván.
Acepto o reto e prometo postalo cedo.
Vai tirando para o Mosquito que agora te collo

Le Petit Poyon disse...

Cajental, se non é dialectal, dialectalizámolo enseguida: fagamos unha performance, repartámonos as áreas, subáreas e microsubáreas e comecemos a divulgar a boa nova

eue disse...

Hahaha!
[E non teño nada máis que rir.]

musgallo disse...

E que fasemos nos casos en que haxa un seropositivo?