15.3.06

No asento de atrás


Pra me entreter
maxinaba que corría
de par do coche

12 comentários:

SurOeste disse...

Eu pechaba os ollos e vía pasar cores: negro, castaño, verde, encarnado, máis claro, máis claro, amarelo...verde, castaño escuro.
Boas noites.

acedre disse...

Eu facia que chiaban as rodas nas curvas e meu pai reducia mais pero eu seguia chiando cando collia unha curva ata que me mirou polo retrovisor, freou e deumje unha moquetada por asustalo.
Cousas de rapaces...

musgallo disse...

Eu creo que o Eue (convencida estou de que é poeta)quere saber o que se facía no asento de atrás. El imaxinaba que CORRÍA á par do coche! Deus! sería do que pasaba á par, non? A ver, Eue, que contamos neste post? as porcalladas que imaxinamos ou as que facemos? ou non valen porcalladas?

eue disse...

Miña querida Musgallo, nun blog que leva a verba "cu" no título vale todo e todo vén a ter unha segunda volta... ;-)
Agora si, o verbo correr eu coñecíao pronominal [:-q], intransitivo [:-p] e mesmo transitivo [:-(], pero a rexer a preposición "de" non: "correrse de". É tamén da Serra?

Ves como non son poeta, senón un filólogho friki que te cagas...

Nando disse...

Ola! Preciso falar contigo... mais non atopo o enderzo de correo electrónico no perfil. ¿podes escreberme a nandinho_gz@hotmail.com? GRAZAS!!

musgallo disse...

Si, querido Eue: na Serra, cando podemos e o pentello nolo permite, "corrémonos DE ghusto".

Jan disse...

Leve é a primavera
só un vento que vai
de árbore en árbore

Usada Arô.

Un haiku para unha pintura de Arcimboldo...por exemplo

Jan disse...

Encantábame ir mirando as parcelas dos campos de diferentes cores, como unha tableta de chocolate...pero de herba e terra.

musgallo disse...

Eue, pareces canso...

Marinha de Allegue disse...

Pásame coma Jan moito me gusta ir mirando as texturas ás cores e pola noitiña as luces...

Unha aperta grande.

:)

eue disse...

Canso, Musgallo? Por que o dis?

Grazas pola referencia de Arcimboldo, Jan.

Unha aperta a todos/as

FraVernero disse...

Ams...
sempre pensando no mesmo, ou...
¡dexenerados!
xD
Arcimboldo é pintor curioso...