8.3.06

Profilla un/ha filólogo/a



El/ela repasa as opos
ti aforras as pasantías

e ligades grazas a "galle"

12 comentários:

Le Petit Poyon disse...

Oia, interesábame iso de profillar un filólogo... dígame, son aseadiños? fan as súas cousas na area? hai que capalos a algunha idade? pórtanse ben? saben cociñar con millo?
Agardo noticias

eue disse...

Eu acho que vostede, Pitiño, xa ten un filólogho profillado que lle teclea os chíos...

SurOeste disse...

Por DEus, estou fortemente impactada acabo de descubrir a faceta artística do dono desta pousada.

musgallo disse...

Pois mira Petit Poyon:
1)No verán se se presta fagho cousas na area.
2)Non nos hai que capar porque non cheiramos a mexo.
3)Ninguén se queixou do meu mal comportamento.
4)fagho unha empanada de millo con berberechos e con xurelo que te chupas o petit poyon.
5)teño eu máis limpo o cú ca ti a cara.

candorca disse...

empada de berberechos e xirelo ummmm, con pan de millo? Casa comigo!

eue disse...

Isto xa case é aquela páxina de contactos "gallega" da que falabamos no outro onte.

Suroeste, non o divulgue moito por aí, que imos de semi-incógnito. ;-)

FraVernero disse...

o dos contactos resúltame interesante... xD
Préstome en todo caso a profillar algunha filóloga solteira de bo ver. Poño a correa para os paseos polo parque, e demais accesorios (incluíndo lugar quentiño a carón da estufa).

Anônimo disse...

Pois..., a ver quen me adopta a min (proxecto de filóloga).
Diferencio as vogais abertas das pechadas que dá gusto (hai que valorarse xD).

Eu mesma

musgallo disse...

Ja,ja...! Unha vez vin no xornal un anuncio de traballo para unha pulpería que ían abrir en Madrid! Poñía: "se buscan súper-gallegos". Daba verdadeira gana de ir para deixalos escaldados! Eu daría algo por lles meter a cabeza na auga fervendo, así, tres veces, para asustala...

eue disse...

Hahaha! Coma ao polbo, Musgallo?

Ti mesma, Eu mesma, pero non sei se van dar contigho...

O das vogais é importante. Eu teño unha amiga que dicía que os seus tiñan que ter "mínimo" sete vogais.
E de máximo, cantas?

SurOeste disse...

Sete vogais e un complexo sistema de sibilantes coma o que vos adiviño:
orgasmos filolóxicos garantizados.
E para máis empanada milla de xurelos e berberechos.
¡Viva a área fisterrá!

musgallo disse...

Eu, o de "polbo"non o utilizo pola única razón de que me produce esa gargalladiña incontíbel propia dos adolescentes, pese a que a palavra ficou manifesta na obra do P. Sarmiento, que non me queda moi lonxe a súa terra (bueno, daquela as distancias eran outras...nada,nada, peras mentais). Tamén quedou manifesta e para sempre na boca de E. Torres cando nos deixou en ascuas cun silenzo breve pero consciente tras un "o mellor polbo da miña vida foi" (lh/nh, entendémonos)para acto seguido nos botar a bronca por estar castelanizados.
Eue, a túa amiga de tantas vocais (ten razón, eh? que conste)secadra tiña un grupo musical coma o dos Inhumanos.
Bicasos.