3.4.06

Meupai tamén existe




Ti
oes
visións

20 comentários:

tío Pepin disse...

Sempre me chamou a atención que a xente puxera as gafas para oir mellor (non é coña).

SurOeste disse...

Os lentes. A miña avoa comprou na feira uns lentes que usaban os tres (ela o home e a nai)só en ocasións especiais como botar unha firma. Chamábanlles así: os lentes. Ver non sei se verían moi ben por aqueles lentes pero oír...

Peke disse...

Pois claro que non é coña; cos lentes ves mellor o movemento dos beizos e, xa que logo, oes mellor.
Dígovolo eu que uso lentes e son xorda.

eue disse...

Claro, Peke. Eu sabíao intuitivamente, que tamén son algo duro de oído, pero acabas de mo explicar.
Suroeste, tesouro de falante! É a primeira vez que coñezo alguén que escoitase viva a palabra "lentes" para as gafas. E era en masculino? Porque o dicionario da RAG pono en feminino.
Un saúdo

candorca disse...

Que boa!, e entón haberá tamén lentes para oír de preto e para oír de lonxe e lentes para oír progresivamente,

como se dimensionan os conceptos: isto é xenial!

SurOeste disse...

Os lentes, sen ningunha dúbida. Tódolos enseres da casa coñecinos eu co seu nome galego, fagamos memoria: a tixola, a pota, a tarteira, o testo, a viradeira, o coitelo, a culler, o gharfo, a billa, o vertedeiro, o tanghe para beber.
A razón é que sempre vivín cos meus avós e a miña bisavoa, na mesma casa do mesmo lughar. Iso fai a un moi conservador (lingüísticamente).
Bicos a todos

eue disse...

Mi ma, mi ma, mi ma! Todo ese léxico existía (GHARFO!).
Ímosche sacar a área dialectal un día destes, Suroeste... ;-)
Que sorte.
Ah, nós dicimos tanque. Espera! Polo tanto, "tanghe" é unha hipercorrección dunha gheada que na secuencia NG fai NK, moi común na costa...
Seghiremos pescudando...

SurOeste disse...

A miña bisavoa cando rezaba, complicadas oracións que xa non se levaban cando eu nacín (Ehhh, que son do Vaticano II)dicia: "o teu preciosísimo sanghre"....non retiven máis. Logo viña o Señor mío Jesucristo... e eu tiña que rezar o Jasusito de mi vida...

SurOeste disse...

Queridos, existe todo, non nos temos que cortar por usar as nosa fermosas palabras e aprenderllelas ós que non saben (po non queren saber).


Eueee, dinche unha boa pista ¿ou?

besbellinha disse...

A frase oínlla eu a unha que ía boa un día de noite e toda convencida do que dicía...tamén falaba de ir a ver "Escaperfield in love" daquela.

Pablo disse...

Iste blog tenche moita miga para min. Pero vaia, entendin o do teu pai o fontaneiro!
O tanghe, o gharfo, a viradeira, a tixola... e que foi do cuchilo, o tenedore e os chupitos de tumbadiós?
O suroeste canta? ai, se a Mercedes Peon o pillase... uns cantos coma este e ben millor nos iría.

SurOeste disse...

Eue, deixeiche un par de pistas máis acolá na casa nubosa.

Nona disse...

Non sei, eso de mainzo que dis noutro sitio éche tamén coma se dí polo Ortegal. E o resto do léxico (gheada tamén, claro), todas cantas palabriñas dis eran tal cual pero perdéronse na miña familia da miña bisavoa Maripepa de Céltigos á miña avoa Lola, segundo conta meu pai.

leco disse...

Meo avó adoptivo dicía tamén los lentes cando falaba castelán.
E, o de ver visións, a verdade é que o teño escoitado por aí como o colmo do colmo.

eue disse...

Ei, Pablo, "o" Suroeste éche "a" Suroeste. Iso sempre me pasaba a min no chat cun alcume que gastaba e que parecía de muller e que me facía ligar mogollón.
Xa mirei as pistas, Suroeste, e estou a piques... ;-)
Por certo, Pablo, benvido a esta casa ou, máis ben, casa/cuarto de baño ;-)

SurOeste disse...

Pablo, hai que tirar da cadea cada vez que xa me entendes.
Benvidos ó escusado, como di o dono. Aquí hai sempre bon "rollo" e Eue sempre se acorda de repoñer cando se acaba.

eue disse...

Graciñas, Suroeste. É curioso como un se sente amigo de persoas que non coñece máis ca virtualmente.
Ti es unha.
;-)

SurOeste disse...

Queridos caghós:
despois desta declaración de Eue non me queda outra que ofrecerme a freghar o báter.

eue disse...

Hahaha!
Xa o fixeches! Se lle dás á ligazón de cada post que hai baixo "CAGADAS PREVIAS", verás que antes dos teus comentarios pon: Suroeste limpou...
X-DDD

Jan disse...

Eu levo gafas, son miope e dou fe que sen elas escoito pior.