18.4.06

"Non sei se quede ou se marche"


Arremecághona canta en galego
a cántigha máis ídem dos Clash
este sáb 22 no Ambigú ás 22

26 comentários:

Lúa Neghra disse...

Ui!Non sei se marche ou se quede en Compostela esta finde. A ver se compaxino a viaxe ás terras do Lérez coa festa no Ambigú...

candorca disse...

marcharei pero volverei pa quedar... isto promete...

musgallo disse...

Puñetas!cadra coa festa de S.Marcos en Noia! Haberá que contratar ao Arremecághona outro ano! Xa estamos ata as orellas da Parííííí´ssss!

arremecaghona disse...

Hahaha! Pois que saibas que vou pór o ghorro famoso. Así que amentarei a festa da Serra da que é natural o pucho, logho!
Por certo, eue, grazas polo post ;-)

musgallo disse...

Iso é trampa, Arremecághona! Pero a ver se Eue che saca unha afoto.
Por serto, collín o que tiña a cabesa máis ghrande. Ja, ja,...non sei se mandarlle un ao Ratzinger, que é moi dado aos puchos e hoxe está de aniversario.Pódollo mandar por Paco Vázquez... Bueno, sorte na punk-actueixon.

SurOeste disse...

A min a foto esta xa me empeza a ghustar, aínda que ó principio confeso que me sobresaltou (é coma todo). Transmite moito sentimento...vouna imprimir na miña laserjet e peghala na carpeta.
Só me queda imaxinar unha voz esghazada e melancólica de trobador punki.

Anônimo disse...

Hahaha! Mi ma.
Vaticino que ao Arremecághona lle vai facer muita ilusión andar en carpetas filolóxicas apeghado!

eue disse...

O anónimo era Eue, estraño na casa propia

SurOeste disse...

Xa está, imprimino. Saes en branco e neghro (pérdese a cor do caravel), pero a min o que me interesa é o narís. parécese ó da miña avoa. Sodes fabas contadas os do fuciño aquilino. Aínda habemos de ser algho curmás.

eue disse...

Ha! Collinte. Es da zona do masculíno e feminino plural en -n en -ás. Terra de Trasancos, non?
Unha aperta.

SurOeste disse...

Vásteme aproximando, pero aínda che falta a carreiriña dun can. Non son da Terra de Trasancos.

Lúa Neghra disse...

Máis arriba ou máis abaixo, Suroeste? Di frío ou quente... Valdoviño, Cedeira, Capelada? Ou Pontedeume máis ben? Si, os que temos ascendencia semítica temos ese narís inconfundíbel.

musgallo disse...

Así que sodes unha pandilla de napias...ja,ja.

eue disse...

Uns narizóns, ou narizotas, coma n'A vida de Brian

SurOeste disse...

Queridos fuciños filolóxicos:

Moita filoloxía, moito ALGa, moito Pacorei (isto é unha maldade), ó final para ter que dicirvos non só a parroquia senón o partido xudicial.
Pedide papas e recoñecede que non dades feito.
Dareivos a derradeira: Ós desta tribu gústannos as papanduxas (no tempo delas).

musgallo disse...

Tes unhas narices, Suroeste...! que son as papanduxas? Así que sodes unha tribu de narices,jaaaaaaaaaa!!!!

musgallo disse...

Es dos Loureiros, Suroeste? Irmandiña!

eue disse...

Onde topaches as papanduxas, Musgallo, que busquei no Google e nada! Só me saían as das Rías Baixas.

SurOeste disse...

Non son dos Loureiros ho, que son papanduxeira!

E máis, máis xa non vos podo dicir. Musgallo debe ter boas fontes e Eueeee como lle dá preguiza ir á biblioteque pois busca en google e asi lle vai. Como se á globalité lle importasen algho as papanduxas.

Ai, que me espapanduxo co conto!

Pablo disse...

Xa pasou o tempo das papanduxas, case estamos en maio... ainda que eu as prefiro en compota...

SurOeste disse...

Ahhh, Pablo sabe. Pablo, dilles a estes amigos onde é a túa área de referencia afectivo-dialectal.

Pablo disse...
Este comentário foi removido por um administrador do blog.
Pablo disse...

Mi má, a miña área de referencia afectivo-dialectal!!!... E iso que vén sendo? A miña aldea? :P

SurOeste disse...

Ti saberás quen che facía as papanduxas.

musgallo disse...

A ver, filóloghos: papanduxa. Papa: pataca. Se se pode facer en compota, será mazá, non? ou en francés non é a pataca a pomme de terre?

Andresinho disse...

Mágoa que non houbera concerto... polo menos así me visitou a lúa...