10.5.06

Endodighlosia


O abuso da norma sirve
pa seghir convençendo aos d'Abaixo
de que non saben falar

6 comentários:

Nona disse...

Canta razón en tan poucas palabras.

SurOeste disse...

A profunda ignorancia da realidade leva a obcecarse coas normas. Que deus lles perdoe, amén.

acedre disse...

Hai que saber perdoar os erros e ir enmendando entre todos o idioma.
Por certo, o cartaz da ligazon foi feito nunha imprenta de A Corunha. Fixate. Daquela non mandaba Paco Vazquez.

oko disse...

a miña nai odia a palabra "grazas" entre moitas outras. sempre pregunta de onde raios saiu ese galego!

eue disse...

Grazas é unha forma recuperada do galego medieval. Eu penso que o problema non está tanto na palabra coma na forma en que se pronuncia. Se escoitas "grazas" con fonética de Valladolid, provoca rexeitamento, pero se o pronuncia alguén que leve falando galego toda a vida e que fale "dende" o galego e non dende o castelán, nin sequera reparas en que lle falta o "i".

acedre disse...

A min non me gusta grazas e non o escribo. Prefiro gracinhas que me soa mais afectivo, galego, real e vivo. Vamos, digo eu.