22.5.06

Ex-fumador


Xa non puntúo
a vida con cigarros

fago verso libre

22 comentários:

SurOeste disse...

XA case me ghustabas máis cando fumabas. Moito viñeches a menos, rapás.

pintega disse...

Os meus máis sinceros parabéns!

eue disse...

Xa onde el vai que o deixei, pero esta é a sensación que teño inda hoxe.
Miñabuela:
"Aghora si qu'estás ghuapo, que antes tabas máis chupado cá pipa dun indio".

Pablo disse...

Non me digas que estás feito un metrosexual... outro mito que se me vén abaixo!! En fin, meu, que hai que coidarse para non apodrecer antes de tempo!

Marinha de Allegue disse...

Eu nunca fun fumadora,iso si semellaba que parecía fumar e todo, pero só de pose pq logo tusía...jajajaja

Unha aperta saudable.
:)

Andresinho disse...

¿Por que fumas? Típica resposta dos fumadores: Porque son idiota...

Noraboa eue por non ser un dos moitos...

eue disse...

Non che ían por aí os tiros, Pablo X-DDD
Xa sabes que o canon de beleza das avoas non coincide muito co das netas...

Jan disse...

Eu ás veces tamén me sinto así,e xa levo máis de tres anos sen os truquetas.

Eu por desghrasia, ainda que fumaba 1 paquete de Ducados ao día nunca estiven chupada como a pipa dun indio.

Cousas do metabolismo, seica.

acedre disse...

Eu vou e venho co tabaco. Desta volta non fumo e dame na espinha que e a "refenitiva".

farloppotuttolocheposo disse...

Entre polvo e polvo fumo cartóns.

eue disse...

O meu sentido pésame, farloppo...
X-DDD

panxon calling disse...

Sinto rompe-la harmonía antifumadora que se "respira" neste foro.
Eu fumo. Ducados. Un paquetiño ó día. GÚSTAME. Acompañado dunha cerveciña, fascíname. Non á nova cursintolerancia anti-tabaco!!!

Por certo, se alguén sabe dun remedio maravilloso pra deixalo (SEN SUFRIR, isto é moi importante) que o conte xa!!

eue disse...

Hahahahaha!
Eu reverencio, como ex-fumador, a magna obra dese moderno pensador de Occidente que é Allen Carr, que che fai un lavado de coco que, se te deixas facelo, deixas de Fumar: "Es fácil dejar de fumar si sabes como". A min funcionoume

panxon calling disse...

É a enésima vez que me falan dese libro. E dis que a ti tamén te funcionou?

Vou ter que votarlle unha visual, i entregarme en corpo e alma ó mesías Carr

Saudos

Anônimo disse...

Eu ainda recordo cando pasaches do rubio ao negro: foi un auténtico rito iniciático! despois dunha acampada coa xente de Matamá...Re-cordas?

eue disse...

Descarao! Pero quen es?

Anônimo disse...

puf! de Antes de tan fermosa Merda:

de que cagharas en
en mp3...

en verso xaponés..

nas ondas...

na rúa...

(De cando a tua Merda era ainda unha cheirentísima promesa de abono...)

:-)

eue disse...

;-) Penso que xa caio.

O que me sorprende é como chegaches até aquí!

Se queres comunicarte máis devagar e libremente: son.eue@gmail.com

Unha aperta

Anônimo disse...

como cheguei? pois por azar...
e cando o blog só tiña unha entrada!

pd: por outra banda, xa teño deixado varios post...

eue disse...

Manda carallo! O que son as cousas e as coincidencias. Benvido, meu. A ver se nos vemos, amais.
Co que máis flipo, se cadra, é con que me recoñeceses. Non hai xeito de enganar a un amigo, supoño ;-)

Anônimo disse...

Sí, enganar a un amigo vexo que é fácil o que se revela realmente dificil é enganar a unha amiga...!

:-)



muac

eue disse...

Arrehó! Agora si que me colliches... Non teño nin idea