9.6.06

O pracer


O pracer de quitarmos amodo
un calcetín que levase
o día enteiro apegado á pel

11 comentários:

TXARI disse...

e debruçar con calam o cheiro que desprenden, e clasificalos en re-utiliçables, lavables ou en perigo de extinçom...

SurOeste disse...

Dar por rematado un traballo e pegarme
unha ducha cando estou peghañenta.

Anônimo disse...

deitarme despois dunha noite de festa.

eue disse...

A sensación na pel ao voltar, á tardiña, da praia

Anônimo disse...

O contacto da auga coa pel.

Unha aperta.
:)

Lúa Neghra disse...

Estou dacordo con Marinha! Os contactos coa pel da auga, a herba, a area e a quen queres ben son o mellor...

Anônimo disse...

Iso do calcetín xa me arrepíos a seghún quen sexa o portador, a ventilación existente e a proximidade da saída de emerxencia máis cercana...

Quédome con poder quitar as lentillas despois dun día de traballo diante do ordenador.

Anônimo disse...

POR CERTO: DICÍDELLE A SUROESTE QUE O SEU BLÓ TEN PROBLEMAS TÉCNICOS E NON PERMITE NIN VER NIN DEIXAR COMENTARIOS. QUERÍALLE DICIR QUE ESTÁ FEITA UNHA PORCONA.
ÁRDECHE O EIXO!como oín unha vez que se dicía.

candorca disse...

o pracer de beber un litro de cervexa fría, case-xélida, deitado contra o mar nun día caloroso.

O pracer de rañar onde proe, nunca remata.

SurOeste disse...

eH?! uN MOMENTO! Problemas técnicos? Iso que é? Terei que botarlle aceite a algo? Quen está feita unha porcona? Ferín a sensibilidade de alguén?

Anônimo disse...

o pracer de quitar unha carraña no semáforo, mentres escoitas a COPE