19.1.07

Animal


Quero ser
punki
coma os ghalos

3 comentários:

Anônimo disse...

Iso sí, a cresta deles, amais de chula, é natural...

Doutra banda, ver un galiñeiro só con galos é dabondo para entender que, alén da estética, tamén adoptan a violencia extrema, e o programa do 'No Future' (agás o da cazola).

Anônimo disse...

Vouvos contar unha anécdota "verídica" onde as haxa:
Un amigo regalounos un galo celta, ou iso aseguraba el, que estaba metido en non sei cantas asociacións para a recuperación de razas autóctonas.O caso é que o galo aquel en vez de ter a crista requichada tíñaa devanada. Entre isto e as plumas que lle medraban en forma de "perrera" o pobre non daba pé con bóla. Ata as galiñas o puteaban, o cal, para un galo debe ser o culmen. O outro galo (razas seleccionadas quen sabe como), ademais de gozar do favor de todas as galiñas coteábao de mala maneira. Se cadra cun bon corte de plumas e fixador na crista, aumentaría a súa autoestima e hoxe teriamos o galiñeiro inzado de galiñas celtas e a historia deste país sería outra e...

Non me fagades moito caso.

pándigo disse...

... tu xa es punke, e o galo do teu galiñeiro...

Eue quero ser galo celta e que me marxinen polas miñas diferenzas.