10.1.07

O Zuncho


Quen me coñece sabe
que non teño un coche

teño un cocho

9 comentários:

o pándigo disse...

o teu non é un coche; é únha das habitacións de Os novos...

Lúa Neghra disse...

Ánimo ao Zuncho nestes momentos difíciles que está a atravesar... Xa sobreviviu a moitas!

pintega disse...

Disque a última que lle deu foi forte, non?
Ánimo ao enfermo!

Mario disse...

Esta lémbrame aos míticos LABA EL COCHE GUARRO escritos cos dedos doutros aínda máis guarros sobre a merda dos parabrisas.

Anônimo disse...

Peixó? Que marca tan fónica! Fronte ao usual /peullót/ reivindico o teu nome
Liberté!
Digo... peixó! Ou en todo caso peixote!

(Le cunnilinguiste masqué).

Anônimo disse...

hehe...eu tamén teño un deses...a miseria vaise dando soa no asento de atrás, porque como eu sempre vou no de diante e patrás non vexo...
;)

Anônimo disse...

Do que dixo o outro anónimo lembro un chiste malísimo que se facía pola miña terra. Eran dúas vellas e unha dille a outra:
-Sabes que o meu marido mercou un bmw?
-boh, iso non é nada, o meu ten un pixó...

(por favor non me odiedes por isto)

Depósito disse...

Agardamos que a ese porquiño non lle chegue de momento o seu sanmartiño ;-)

eue disse...

O do San Martiño vaino virando, pero aghora o cabrón do perito quéremo dar por Siniestro Total, e eu quero que mo dea por Resentido, e andamos releando.
Na miña terra aos bmw chámanlles "ven-vés" (o étimo non está claro, tamén se pode escribir "bembés", /e/ fechado -temos bulla cos /e/ neses casos).
Por fóra non hai dúbida, mario, que vivo en Santiago e chove, pero por de dentro, maria, aquilo é un magma de fitas, augas, cotra e libros... O outro día ía pensando nunha palabra e o dicionario Obradoiro murmurouma solermiño (coa súa proposta de estándar fonolóxico)...

Teño medo