24.1.07

Gym-sberg


Eu mirei os mellores
cerebros da miña xeración

estrompados contra o plinton

19 comentários:

a disse...

joder, que regresión. daquela ben deitariamos das voltas na sala circular do maicar para amolecer cerebros

Anônimo disse...

Cantas hostias contra o plinto... a de xenios que quedarían tontos así, e nós sen sabelo. Xenial no San Canuto, por certo;)

Anônimo disse...

Cantas hostias contra o plinto... a de xenios que quedarían tontos así, e nós sen sabelo. Xenial no San Canuto, por certo;)

Lúa Neghra disse...

Hahaha. Que medo o plinto, o minitramp, o "potro", o balón medicinal, as espaldeiras, e todas esas cousas estrompalladoras de cerebros. E máis co toupa que fun sempre...

sun iou miou disse...

Corpo estirado non cría codillo, que dicía o outro.

O Raposo disse...

Eu non os mirei. Na hora da ximnasia fuxia o bar. A desbarrarme naa barra, supoño.

candorca disse...

Que sorte tedes, que soverbios! Polos menos chamabádeslle polo seu nome: Plinto. No meu instituto chamabámoslle "clinton" (Si, coma o presidente dos EUA -Estamos Unidos e Armados-) e iamos todos a saltalo coma ovelliñas e era un auténtico escaralle. Desde os que tiñan medo e chantaban a dentamia no forro de escai, ata os valentes saltaríns que saltaban o aparello e caían entre o "clinton" e a colchoneta. Canto choro e descaralle!

Depósito disse...

As caídas máis simpáticas sempre foron as dos/as que levaban o pantalón do chandal algo frouxo...

Anônimo disse...

Hai, o plinton. Canta sodomía inesperada ten pasado

pándigo disse...

ese era o momento dos mediocres academicamente falando. O meu tempo, plinto, pachangas, deportes, un "farlei" onde lle podía sacar 13 voltas de ventaxa ao chapón que se mofaba de ti cando daban as notas de mates e a ti aparecíache o 0 de sempre e ao do lado o 10.

Unha vez, a un que se ría moito de nós porque sacaba todo 10, atámolo as espaldeiras coas cordas de saltar bocabaixo e cos balóns medicinais utilizabámolo de canastra. Sería buling....

pándigo disse...

... e cantos virghos quedaron por alí...

eue disse...

Eu, que xogaba, co colexio fechado entre a mañá e a tarde, a meterme cos colegas no ximnasio e ver quen separaba máis o trampolín do potro e do plinton (chegamos a dous metros ou así), sempre admirei os/as chapón/as que, sabendo que ían deixar os dentes, botábanse igual contra un hostión seguro.

Iso era afouteza

a pirámide disse...

Desculpade. No outro comentario puxemos "Hai" e queriamos poñer "Ai".
A cousa quedaría así:

"Ai o plinton. Canta sodomía inesperada ten pasado."

Desculpade de novo.

Que vergonza... Mi madriña...

Anônimo disse...

Para min o peor, máis que as máqinas de tortura, era cando che obrigaban a facer o pino sen o apoio das espalderas. Unha vez que chegaba cos pés ao alto érame imposíbel manter o equilibrio. A caída de costas era unha experiencia trancendente,sentias como se te transpasase un espírito do demo despois de esmagarche os pulmóns.

Anônimo disse...

Eu tiven a desgraza de ser un manta para todo menos para os abdominais (80 nun minuto), esa arte na que, cando destacas xa che alcuman o neno do exorcista.

Anônimo disse...

nunca fun de sodomizarse ante tales artefactos, tampouco ría ante aqueles/as que nono conseguían, respeto, eu tinhalhe respeto...

O gato violeta disse...

Eu nunca tiven que soportar a tortura do plinto, pero a cambio tiñamos un circuito con flexións saltos cos pes xuntos por riba dun banco (parace facil pero é un suicidio) probas de resistencia (a ver canto tempo aguantas correndo antes de morrer ou botar o almorzo fora...) é outro estilo de tortura maís encuberto que o plinto.

Anônimo disse...

Qué traumas...A miña primeira vez co plinto xa tivo premio, papei tal hostia (porque o mestre pedófilo de 120kg, que nos axudaba aos máis ananos, estaba a mirarlle o cú á miña venusiana amiga) que quedei pequena de máis da lesión na espalda e Slump non puido facer nada. Agora ben, coa espalda fodida sí, pero ata que non me saiu non parei...todo un exemplo de terapia de choque :P

Anônimo disse...

O Plinto si era pequeno e non se botaba a un...mais o do patio do meu colexio era grande e indecente.
Páxina xenial