Cando emprendas a viaxe, pide que o camiño sexa longo, pleno de aventuras e descubrimentos.
Que sexan moitas as mañás do verán nas que aportes en peiraos descoñecidos.
Ten sempre Itaca na memoria. Chegar alí é a túa meta, mais non lle metas premura á viaxe, mellor que se estenda longos anos, e na túa vellez aportes á illa con todo o que gañaches polo camiño sen agardar que Itaca te faga rico.
Xa che fixo o seu agasallo: a viaxe. Sen ela non terías botado a andar. E non che pode dar cousa ningunha máis.
Aínda que a atopes pobre, non te vai enganar. Rico en saber e en vida, como voltaches, comprendes xa que significamos @s Itacas.
2 comentários:
Cando emprendas a viaxe, pide que o camiño sexa longo, pleno de aventuras e descubrimentos.
Que sexan moitas as mañás do verán
nas que aportes en peiraos descoñecidos.
Ten sempre Itaca na memoria.
Chegar alí é a túa meta,
mais non lle metas premura á viaxe,
mellor que se estenda longos anos,
e na túa vellez aportes á illa
con todo o que gañaches polo camiño
sen agardar que Itaca te faga rico.
Xa che fixo o seu agasallo: a viaxe.
Sen ela non terías botado a andar.
E non che pode dar cousa ningunha máis.
Aínda que a atopes pobre, non te vai enganar.
Rico en saber e en vida, como voltaches,
comprendes xa que significamos @s Itacas.
(perdón a Kostantin Kavafis, pola desfeita)
De desfeita nada. Gústame o verbo "aportar" e a versión libre do final. :-***
Postar um comentário