2.3.06

Cola-cao-con-zucre-con-pan-con-leite



Pero ti
hoxe
que almorzaches?

15 comentários:

bouzafria disse...

cola cao - aínda que prefiro o nesquick, que se disolve mellor e está máis rico - sen zucre e sen sopas.

SurOeste disse...

Zume: melón, piña, pera e kiwi.
Leite con pan integral torrado cunhas pingotas de aceite. Seis horas de marcha garantizadas.

Anônimo disse...

Eu sonlle máis do cola-cao.
Cando lía iso do cola-cao-con-zucre-con-pan-con-leite lembreime daquela merenda empalaghosíma de pan huntado con tulipán e todo ilo cuberto cunha grosa capa de zucre. Esta tamén gharantizaba ben horas de marcha.

Anônimo disse...

O anterior era eu, con carencia evidente de zucre.

acedre disse...

Eu tomo un zume (se se pode chamar asi a beberaxe que lle mando polas manhas) e leite sen tona con cafe, zucre morena e con cereais integrais de duas clases. Mui san todo.

FraVernero disse...

Qué enxebre te pos, musgallo... xD
Boroa para mín só coas sardiñas...
Hoxe tomei pola mañá o clásico (non para mín, pero sí alomenos na banda deseñada de Superlópez) café con leite e croissant. En xeral, a bollería na península (non pensedes mal; vai sen dobres sentidos) soe ser malísima...

besbe disse...

Café de pota con leite enteira e zucre branco con ourellas que aínda quedan do entroido, dentro duns días botaremos man das galletas de chocolate.

SurOeste disse...

Musgallo, nunca me defraudas.

SurOeste disse...

por certo, cando teñades un vagar pasade polo meu que tedes un traballiño.

Anônimo disse...

eue mándolle unha cervexa e un bocata de chourizo da casa e queixo, e se non me dan arcadas un chopito de lk

Laurindinha disse...

Colacao con azucre? Din que iso é un sacrilexio...
Eu non o podo comprobar, porque nunca fun capaz de tomar colacao nin nesquick... A verdade é que era unha nena un pouco rara...

eue disse...

Pois si, Musgallo, o pan do meu é[ra] de Broa, ou de Bola, como dicimos nós.

Bótoo de menos, porque o trepidante ritmo da miña vida levoume a beber café de máquina do 24 horas correndo.

Daquelas competiamos eu máis miña irmá, e para ghañar había que levantarse e dicir:

Celta, campión
da mariquitilla en Freixooooo!

Ghañeiche!

O primeiro que o dicía gañaba.

A mariquitilla é a mariola e Freixo o lugar máis arredado do centro da miña aldea.

Que morriña...

eue disse...

Aiii, que carallo, que aquí a xente ten datos sobre outra xente que non quere que teñan datos sobre si...
De flamenca, eh? Xa falarei eu coa súa informante, que tamén ghasta traxe con "pintas".

eue disse...

Por certo, sei dun que acepta o agasallo con todas as consecuencias pero coa condición de ser entregue na cuchipanda pic-nic.
Hiheha! (riso maquiavélico)

eue disse...

Vale, vale! Que fai falla unha çinta métrica, que vou á casa que miña nai é modista... X-P