daquela vez que lhe pedi aos [reis] magos o castelo dos pitufos só me trouxerom uns poucos pitufos soltos e mais gustarom-me muito e adivertia-me com eles fim :-)
Pois eu que son, ben se vé, dunha ou máis xeracións anteriores, o único que quería era todas as mariquitas do mundo (as mariquitas de papel recortables). E será por eso que me quedou a obsesión de que nunca teño zapatos dabondo.
Tiña eu unha boneca á que se lle quitaba a cabeza. Un día deixeina decapitada enriba duns sacos de trigo. cando volvín pasar por alí, a boneca estaba composta. Decapiteina, só por ver o que pasaba. Volveulle a cabeza ó seu sitio. Canto máis eu persistía na miña crueldade, a man benefactora máis recompoñía o desastre. Un día descubrino: era o meu avó, tranquilamente buscándolle o xeito ás dúas pezas.
Os meus xoghetes preferidos eran pouco convencionais: unha maceira moi alta, en Pantín, na finca dos meus abuelos, á que se podía rubir facilmente porque tiña moitas pólas que parecían os chanzos dunha escada do ben postos queestaban. Alá arriba víase o Atlántico, e podíanse comer mazás verdes, acedas. O propio mar era un xoghete. Os tellados, os muros, as paredes cheas de pintadas dos túneles das casas baratas ferrolás, que eu convertía en encerados... e o mellor, a comisaría de policía (chea de policías, claro)e a fonte que están na Praza da verdura en Pontevedra. A combinación dos dous elementos cuns globos de auga era divertídísima... Por algo Lores mudou a fonte de sitio, e agora está no máis baixo da praza >:(
4 comentários:

Postar um comentário