20.3.06

Pub Cachán, xoves 23, 22:30

Por que todas
as divas teñen

unha nai costureira?

12 comentários:

SurOeste disse...

E saber que Eu vou perder Iso!

Lúa Neghra disse...

E todas se lían con alguén que traballe na prensa... Chámalles parvas!

choios enríquez disse...

Pois mira ti de onde me/nos vén o divismo...

choios enríquez disse...

Avoa tamén vale? dígoo por yolanda castaño...

eue disse...

Hahaha! Supoño que si. Hai que facer o campo divístico das antergas costureiras.
Canto habiamos aprender.

FraVernero disse...

Ums
non teño antergos/as costureiros/as, polo que supoño que terei que renunciar ao mundo do espectáculo...
xD
¿En qué andades metidos, ou?
En todo caso, amenizaría grandemente a festa a presenza de innúmeras rapazas solteiras. Unha opinión persoal.
xD

eue disse...

Éche o concerto dun punki-teatreiro, dálle á ligazón "as divas" e xa ves. Un meu colega. Eu convoco a todos/as por un igual, así que supoño que haberá unha representación de mozas solteiras porcentuada. ;-)

candorca disse...

Hostia! Pois igual me vén de aí o meu punto "divo", xa noto eu estes días que non ando... que me desprazo... Miña nai tamén foi custureira naqueles duros anos en que un tardaba 5 horas en chegar no castromil desde Muros (pingando ou morta de frío se lle tocaba ir arriba ou coas cachas trilladas se ía dentro...) para chegar a Santiago e viviren 10 ou 12 nun piso de máximo-4-persoas-salón-cociña.
visto isto, agora os/as xornalistas-divos/as utilizan palabras coma hacinados dun xeito despectivo. Manda hostia! Aghora caio, luaneghra.
Dígalle ao seu amigho que quero unha dedicasión dos "ghusanitos" e que me asine unha bolsa deles á saída.

Anônimo disse...

Ola, xente.
Muitas ghraças polo apoio. Vou hoxe á noitiña ao sitio que xa sei buscar o atrezzo, Píntega.

Don't worry, Suroeste. Para outra ha ser.

O da bolsa e dos ghusanitos tá feito, Candorca. Aghora a ver onde topas unha, que aghora todo che son Jojitos.

Vémonos mañá, saúde i anarquía.

SurOeste disse...

Onte tiven tentacións de roubar un dos carteis que anuncian o acontecemento en Filoloxía. Non tiven peito. ¡Gardádeme un...para cando o das empanadas e os licorcas!

E a rachar.

mariademallou disse...

un consertaso, leo, quedamos encantados!!!!!

eue disse...

Obrigadiño, María. Fostes un publicaso!