24.4.06

O meu cheiro/olor favorito



Senhora do Almortão, a vossa capela
cheira a cravo, cheira a rosa

cheira a flor da laranjeira

25 comentários:

SurOeste disse...

O dos meus fillos.

acedre disse...

Cando non tenho fame: o mar en marea baixa.
Con fame: o cocido.

eue disse...

A ver Suroeste: es das Pontes, Fene ou como moito Cedeira, e iso éche a Terra de Trasancos, na denominación tradicional da comarca, non na moderna de Ferrolterra.
O que xa non podemos é sinalar o tellado da túa casa co Google Earth, eh?
Confese!

SurOeste disse...

Que non son de tras do Ancos (o Ancos é un monte) nin de Trasancos,que é un arciprestádego. O que máis cerca me queda é Fene. Dicindo que era papanduxeira non dar comigho!
Xa que non dás coa parroquia, di polo menos o concello ou o arciprestádego.
Ou pide papas, amigho!

caravelete disse...

A herba cortada e a terra mollada cando chove un nada no verán. As xesteiras e os toxos floreados tamén teñen o seu aquél...

eue disse...

Si, si, Caravelete! Eses tamén me prestan muitísimo. Son case complementarios do da laranxeira da miña casa cando vén a primavera, ou o cheiro de cando vén o vran, tan concreto e indefinible.

bouzafria disse...

O chocolate recén feito.
O cheiro do interior do coche nada máis sair da fábrica (é raro, seino).

SurOeste disse...

Si, son un animal noxento, ulinos cando naceron, como calquera animal e sigo ulíndoos e acariciándoos cando me deixan. Os nenos medraron, Musgalliña, atáronlles o embigo hai moito tempo. Eu agora xa só son unha referencia, non unha necesidade.
A ver se agora me vou ter que avergonzar de ter fillos! Pareces un cura que ve na función sexual e na reprodutiva algo suxo (as mulleres tiñan que agardar non sei cantos meses para entrar na igrexa porque eran impuras despois de parir)

Lúa Neghra disse...

As castanas asadas, o mar, a herba e o teu.
25 de abril, sempre!

Anônimo disse...

Aproveito este espazo de filólogos parados, traballadores clandestinos e peña con pouca expectativa de futuro laboral, para avisar a quen non o saiba xa de que se abriu o prazo de inscrición para as listas de contratación temporal da Xunta. Ide ao dog de 24 de abril e alí ao punto 4º, creo.Queríades xuntanza? se nos vemos todos no INEM, coñooooooooooooooooo!

SurOeste disse...

Ola de novo.
Vouvos axudar: Andrade é unha parroquia do concello de Pontedeume. Os Loureiros é un lughar de Andrade e xa vos dixen que non era dos Loureiros. Non ando lonxe nin dos Loureiros nin de Fene pero....polo menos o concello, linghüistas.

eue disse...

Merda! Acabo de decatarme de que cando dixen As Pontes quería dicir Pontedeume! Sempre se me cruzan os dous.
Pontedeume, Suroeste?

eue disse...

Por certo, Suroeste, e falando de filóloghos e parados, Anónimo, el non serás docente nesa nosa facultade, que se me acaba de iluminar a lámpada?

SurOeste disse...

Máis ben son doente nesa nosa facultade, Eue, ando por alí facendo unha pesquisas, ás veces. ¿Con quen me confundessss, con conde Manolo González? Se nin sequera fun becaria, naqueles meus tempos, Ai!
Pontedeume é a vila ( dicimos: "vou á vila"), máis tampouco son vilancha. Se é moito para vós dígovolo eh, non hai lixo. Só tedes que pedir papas.

Bicos a todos, pero por agora suspensos.

Anônimo disse...

eu xa dixen o das papanduxas... pero por ai pa arriba xa me perdo, entre pontedeume e fene so coñezo cabanas, onde pasei un veran...

eue disse...

O que hai que oír!!!
Cachámoste nas patacas -ou nas papanduxas- e aghora aínda tamos suspensos por non adiviñarche o idiolecto. Por certo: vou facer o próximo post sobre o tema. As frases que son de uso exclusivo na miña casa: o meu idiolecto.

SurOeste disse...

pOR FINNNN! Pablo 1º premio, os demais...enfín, moita filoloxía pero a xeografía nin cheirala.
Son de Cabanas, vexo o castelo de Andrade, vexo o Eume, como papanduxas (mazás asadas) e vou compar á vila (Pontedeume).

La queue bleue disse...

Afinal confessache ou descobrirom-te, mais confessom que descobrimento na verdade :P, eh, suroeste? E dito seja de passagem isso de suroeste nom tem nada, suroeste é onde tou eu, eehhh, mto joghamos ao despiste! :P

SurOeste disse...

Musgallo, se tes algún trauma co feito de ser animal vivíparo non te perocupes, muller, vai á farmacia que seguro que xa hai pastillas para, no canto de parires, poñeres ovos.
Eu, xúrocho, estou encantada de ter un corpo que dá para tanto.

E se queres, deixamos o tema, que eu tamén teño uñas.

SurOeste disse...

Recollo as poutas corvas, pois. Respecto ó estado de abandono do blogue, teño que darche a razón. Estaba dubidando entre dúas ideas: Prefires doce ou ácido? ou, para ser máis clara, folklore ou puta vida?
Musgallo, decide ti.

Anônimo disse...

ei, paz e amor! a ver se non nos chega ca merda que papamos na "vida real" que tamén nos vamos buscar bulla cos que só coñecemos nesta realidade onírica que creou o eue.
Por otro lado, cal é o meu premio? que pasa cos filólogos? tanto idiolecto e tanta cousa... que eu son de ciencias!!!
(vale, o de cabanas foi de potra, pasei ali un bo verán (ou vrao, no meu idiolecto) hai moitos anos... pero o das papanduxas o sabía!!

SurOeste disse...

pABLO: o premio é un post que che vou adicar un destes días (non me comprometo a ningún día concreto).
Síntoo, non sei mandar papanduxas por e-mail, e ademais non estamos no tempo.

Anônimo disse...

Estírate un pouco, home, que con vinte pesos nin me abren a porta da barbería... Algún dia fareiche caso a ti e mais a miña avoa, pero de momento, aqui onde estou as ghedellas me protexen do vento ártico nas mañás...
Graciñas, Suroeste.

eue disse...

Non lles fagas caso a estas liantas, Pablo, que as túas greñas molan un cacho (eu coñecín a este tipo sen elas e -lembras?- un día para unha "actuación" quixen pórlle unha melena!!! Hahaha. Escarállome cada vez que me acorda.
Alégrome de que xa vos aveñades vós sóíñas, mozas. Mólame moito tervos por aquí.
:-)

besbe disse...

Por un momento pensei que esto era maré aberta, pero non, anque case case. Pois eu deixo o meu cheiro favorito porque hoxe pola mañá volvín a atoparme con el: o cheiro a verde, a herba cortada.
Saúdos a todos.