26.4.06

O meu idiolecto



Vouche tirar iso á da Duarda
Óeseche no San Amaro
Vai caghar á Fosqueira!

9 comentários:

Plattdorf disse...

E iso non será lecto familiar?

eue disse...

Vale, vale.
É que os de meu de meu han vir despois, pero non son tan restrinxidos, porque tamén os usa outra xente (os teus tampouco teñen perda ;-)).
Estes só os usamos os da miña casa.

Plattdorf disse...

Xa me parecía. Dígollo porque, a pesar de que eu non os coñeza, resultan ben evidentes como esas cousas que só se oen na casa dun.

"Os teus tampouco teñen perda"
Abofé que non.

:-)

Lúa Neghra disse...

"Pareces a tola de Cañete", "Estás en Covas", "A ti téñenche que levar ao Rebullón", "Vai mercar á Verdura"... Que non "vai mercar a verdura". Era un xeito fino de che mandar á merda, pero eu de pequena tomeino ao pé da letra e (aínda que xa estaba na Praza da Verdura) marchei por aí a facer o recado... Sen cartos e sen saber de que verdura me falaban nin onde mercala. Na Ferrería xa me pillaron, despois dun cacho buscándome.

acedre disse...

Inventos meus:
tripiollo= carracho ou carrancho. De pequeno non sabia que os bechinhos que tinha o meu can eran iso e semellaronme piollos enormes.
velocidade trosmica= ir amodo pola estrada ( en Acedre din ir a gusto)...

eue disse...

Dios, o da velocidade trósmica mola un cacho. Eu son trósmico total guiando!
Lúa, a min pasoume algo semellante: Vai cagar á Fosqueira / Vai cagar a fosqueira. Eu pensei ata os 15 anos que "fosqueira" era un sinónimo de merda, "vai cagar a merda", pero resulta que non, que era o nome da leira máis arredada do patrimonio familiar.
;-)

besbe disse...

Poñendo cara de circunstancias aínda me lembro de cando me dixeron "Vai buscar un estatalá". É horrible ser pequena, marchar cara non sabes ben onde, sentirte perdida no medio do corredor da casa tentando adiviñar que será o que che mandaron ir buscar. Os nenos serán malos, pero os adultos ben peores que son.

Laurindinha disse...

A chorar... a Cangas. E non hai como ser da Canicouba ou de Cuspedriños... Á parte de que xente de Marín...

Lúa Neghra disse...

Pobre Besbellinha, como che comprendo!