18.5.06

Día das Letras 06


Reclamo
un sector do verbal
pró meu pobo

5 comentários:

SurOeste disse...

Babeo só de pensalo:
Despois de varios días de folga e violencia lingüística, o sector verbal deixa patas arriba Galicia/za.

O bilingüísmo harmónico duramente ameazado e á beira da extinción.

A nosa lingua farase carne.

Afíliate ó sector verbal e deixa de lamber cus alleos!!

candorca disse...

... Na saúde recuperada
No perigo desaparecido
Na esperanza esquecida
Eu escribo o teu nome

E polo poder de tres verbas
Empezo de novo a miña vida
Nacín pra coñecerte
Pra nomearte

Sector do verbal

Pra acabarmos dunha vez con esta farsa,
Pra iniciarmos unha acción de loita real...: por un Día dos fonemas galegos. Na memoria das sete vogais, das sibilantes sonoras, do xe, da gheada e do seseo, das consoantes aspiradas e das varridas... No nome de todas elas... polo fomento do uso oral.

:-PPPPPPPPPPPP

eue disse...

Diosss, que bo!!!
O día dos fonemas!
Xenial, simplemente xenial, Candorca.

FraVernero disse...

Arredemo...

Algún andivo pola manifa da mesa o outro día, supoño. Anque non nos vimos por aí -ou se nos vimos, non nos recoñecemos.

Non é só a lingua a que pasa por problemas...

Anônimo disse...

Creo que este non é o lugar mais apropiado, mais como non atopo o enderezo mail para enviar, colo aquí a invitación para o autor deste blog e para os blogueiros en xeral:

Desde a Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación de Pontevedra organizamos, para o martes 23 de Maio,ás 16:15, a Resaca das Letras 2006 [RdL06], unha xornada na que buscamos reivindicar a web galega.

Queremos convidarvos a asistir, xa que o interese está asegurado ao falaren Amador Loureiro (dorfun), Berto Yáñez (chuza, aduaneiros), María Yáñez (Vieiros, todonada), Carlos Santiago (Arredemo), Marcus Fernández (codigocero) e Luis Álvarez Pousa (Tempos Novos).

Tamén agradeceriamos que puxesedes unha nota nos vosos blogs a cerca do evento, xa que da asistencia dependerá a continuidade do certame en anos vindeiros.

Un saúdo a animádevos a vir a Pontevedra este martes!

Para calquera cousa: resaka06@gmail.com