2.5.06

Dobre unissonans. Cántiga de Amigo


Y en la distancia te puedo ver
Cuando tus fotos me siento a ver
Y en las estrellas tus ojos ver

10 comentários:

SurOeste disse...

Ánimo Eue. A min na encerrona tocoume o suxerente título de Coordinación, xustaposición e subordinación. DEspois duns minutos de bloqueo total no que empecei a suar tinta chinesa....tiven unha idea luminosa: buscar exemplos en cantigas populares. Atopeinos para cada caso e triunfei. Vexo que vas por bon camiño.

eue disse...

Cántiga élle porque a paroxítona -toma palabro!- cantiga é sospeitosa de interferencia castelá. Méndez Ferrín dixit no seu discurso de ingreso in the Academy -awards-. Eu créollo pq na Idade Media non lle había acento gráfico e a acentuación etimolóxica recomenda que sexa esdrúxula.
Dios, como chapo!!!

eue disse...
Este comentário foi removido por um administrador do blog.
Anônimo disse...

Merda! É que xa non teño a conta de correo-e da ciberirmandade, que non me deixan entrar nela. Xusto onte cambiei o enderezo por arremecaghona@gmail.com, pero claro, tarde.
Por curiosidade, pa que era?
Pódesmo responder a arremecaghona@gmail.com
Así a todo, grazas por pensar en min.
Bicos

Anônimo disse...

Que razom tinham os da VA-CA (D.U.P.) quando diziam que em Galiza levantas uma pedra e sai um filólogo!

Eu nom o som, mas acho que eue leva razom em que o acento esdrúxulo é mais etimológico. Se o cultismo "cântico" é esdrúxulo também o devia ser cântiga/cantiga (do lat. "cantica"; nom "canticula" que sim daria uma patrimonial grave).

Nom me fagades muito caso, que falo por nom calar.

caravelete disse...

Na miña terra os/as vellos/as din cántiga e méndigo/a, así que señor musgallo a moda élle a outra. Voto pola proparoxítona e métome baixo da pedra, que non son do ramo.

eue disse...

Filólog@s somos tod@s! Boa época para un tal lema.
Hei buscar o texto exacto do Ferro para volo postear.
Musgallo, quirida, eu respondín a parte do seu comentario que entendía que estaba dirixida a min. O Arremecághona, -que aquí o teño aghora ao lado e está a escachar- respondeu a súa. Ben apesarado, por certo, que non están os tempos para (perder)bolos.

SurOeste disse...

siIIII!!!!!!
Acabo de ter un orgasmo filolóxico gracias a Caravelete. Méndigho, así é como se dixo sempre nesta casa, non estou soa no mundo, que ben.

eue disse...

Na miña tamén é "méndigho".
Eu penso que comparte étimo con "debruzarse", Musgallo. "Marvi", terei que llo preguntar á miña nai, que é modista.

SurOeste disse...

Marvi é unha librería - papelería - e lambonadería que hai en Mugardos. Musgallo, poderías dicirnos o contexto?