4.5.06

Parábolas Lingüísticas I



-E logo ti eres
profesor de caipirinha?


-Si, e de capoeira tamén...

9 comentários:

Anônimo disse...

Je, je...miña avoa que está xorda preguntou "Cantos anos ten o rapás?" "14" "Que dis que ten?, ghranos?"

Anônimo disse...

Eu de pequeno pasaba polo instituto Polémico de Ferrol...
os politécnicos nunca me gustaron...

Lúa Neghra disse...

Uuui, como empecemos coas túas, meu eue... As "etápocas" son un espazo temporal indefinido, nin etapa nin época. E "entrar polo allo" é tamén algo así como estar no allo, pero despois de pasar polo aro... Nesinho, ti tamén as tes bárbaras: no pescozo poñías fugandas, e nunca che gustaron nadiña as alcafochas. E menos có instituto polémico che gustaba aínda o museo de arte compontoránea. Bicos aos dous!

acedre disse...

Eu tinha unha noiva que lle gustaban os cubatas de Control (no canto de Cointreau).

SurOeste disse...

- E a filla, seique casou cun de pendente.
- Un dependente? Aaaaiii, ten bon choio.
- Que non, muller! Cun que leva un pendente na orella!
- Arrreneghado seña o demo!!!


(verídico)

eue disse...

Hahaha! Sodes do que non hai. Moi bos, polémicos, controlados e in-de-pendentes.
Pois hei entrar polo allo, iniciar unha nova etápoca e seguir subindo tódalas semanas estas obras de arte da casualidade e o trabucamento (son a verdadeira voz do subconsciente, ás veces).

Anônimo disse...

Moi bo.

Sun Iou Miou disse...
Este comentário foi removido pelo autor.
Sun Iou Miou disse...

Eu son mais de caipiroska, sobre todo cando toca capoeirar temporais. (`_^) Seica andamos en parecidas an-danzas.