3.1.07

Economía de subsistencia


Imposible encariñarse
contra toda a familia

cun animal comestible

5 comentários:

Anônimo disse...

E aínda a ver como poñerse de acordo no que é ou non animal comestible... Cales son os requisitos mínimos?

Lúa Neghra disse...

Se cando lle pos nome ao bechiño os adultos xa poñen cara de circunstancias, é comestible. Pasaría coa parrula Troia (non é, eue?) e pasou na casa do meu avó co pucho Rodolfo e a galiña Pilar...

Anônimo disse...

Na miña non hai problema, dámoslle a millor vida posible a cada a animal (sobre todo aos comestibles); ofrecémoslle o noso cariño ( ás veces teño pillado a alguén no cortello dándolle algo máis); coidámolos e despois valoramos a súa aportación á mesa sen dubidare.

En canto aos requisitos, na nosa familia non se lle fai ascos a nada, sobre todo se é da casa e sabemos que inxerían: becerros, porcos, galiñas e galos, coellos, años, gatos...

Outro día cóntovos o dos animais exóticos na Barxa...

eue disse...

Queremos saber o dos animais exóticos na Barxa.

O estatuto de "comestible" varía xeográfica e temporalmente, como ben apunta o Pándigo.

A parrula Troia (viña nunha caixa de zapatos que puña Troyka) tívome como valedor amoucado cada vez que se sacaba o tema do "pato a la naranja" até que morreu de vella. Gustábame que sempre parecía que sorría. Foi o/a único/a parrulo/a que entrou na miña casa, un país de ghaliñas

Anônimo disse...

O do coello Felipe... Morreulle a nai e criámolo a biberón, foi o único que sobriviviu dos 7. Miña avoa sempre foi partidaria de botalo á pota, pero como as nenas se encariñaron con el resignábase a ver como enghordaba.

Total que un camión sen freos acabou na horta e tivemos que meter a Tarzán, o pastor alemán no cerrado para que o camioneiro puidese sacar o camión sen perigo á súa integridade física. E alí foi onde Tarzán coñeceu ao bo de Felipe que lle saiu ao encontro a saltiños como facía con nós.